10/12/ 2016

     

 

 

 

Belén de Generoso Cadilla

  

 (Premer na imaxe)

 

            Xa se pode visitar na Rúa do Porto, na Guarda, o Belén de Generoso Cadilla quen, desde hai dez anos, monta o seu particular nacemento, nesta ocasión coa axuda dos netos Brais e Aitor.

            Máis de 100 metros de cables, e reutilizando motores e ventiladores dun vello PC e doutros aparellos en desuso, logran crear movemento como unha fervenza, unha nevarada, un río que discurre, un estanque con peixes vivos, a roda dun muíño que xira e un lume que arde na lareira, entre outros elementos peculiares dun Belén dotado de “vida” e no que Generoso Cadilla empregou tempo para construir as casas, unha cova e distribuír as máis de cen figuras, sen cotar os animais, que se reparten polo xa clásico Belén de Generoso.

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Reportaxe Ponte Olveiroa-Cee

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2015

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com