21/10/2013

     

    

Andaina polas fragas do Barragán

 

O ciclo de andainas organizado polo concello da Guarda levou aos senderistas á Fraga do Barragán

 

 

            Unhas 80 persoas participaron, o sábado, 19 de outubro, na andaina organizada polo concello da Guarda á Fraga do río Barragán, nos concellos de Fornelos de Montes e Pazos de Borbén.

            Ás 8 da maña saían os dous autobuses que transportaban aos sendeiristas cara ó concello da Pazos de Borbén para iniciar a andaina. Nunha mañá húmida, a ausencia de chuvias nas primeiras horas permitiu que os camiñantes disfrutasen da paisaxe que discurría a carón do río que dá nome ao percorrido; un itinerario que non se puido completar xa que a crecida do río impediu enlazar o sendeiro sinalizado, obrigando aos guardeses a rematar a andaina cando aínda non tiñan realizado a metade do percorrido. Aínda así a ruta mereceu a pena segundo aseguraron os sendeiristas.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Presentación do Club de Patinaxe Ribex de Tui

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com