18/11/2013

     

    

Ruta do río Barbeira (A Lama)

  

A fermosa ruta polo río Barbeira pechou as andainas 2013 do concello da Guarda

 

            Preto dun cento de sendeiristas participaron o sábado, 16 de novembro, na andaina organizada polo concello da Guarda pola Ruta do río Barbeira, no concello da Lama, a última correspondente ó ano 2013.

            O singular percorrido por esta ruta, chamada tamén da Liberdade, porque na súa conservación colaboran os presos do cárcere da Lama, permitiu disfrutar dunha importante variedade de recursos que engloba este itinerario, nunha xornada na que a climatología foi especialmente aliada. Fragas e soutos, carreiros, ríos coma o Verdugo e o Barbeira, elementos patrimoniais como canizos, lavadoiros e ealmiñas, conxuntos de vivendas nas que destacan elementos escultóricos únicos, e cabalos en liberdade, son algunhas referencias dunha ruta que, na súa máxima altura, arredor dos 700 metros, permite vistas panorámicas que deixan ver no horizonte as cidades de Vilagarcía, Pontevedra e Vigo, e illas coma as de Ons e Cíes. En definitiva, a ruta que substituíu á inicialmente prevista pola serra do Suído foi un a modo de agasallo para os sentidos.

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

O Rosal honrou a San Martiño

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com