15/08/12

     

 

Festas do Monte

A "Baixada" da romaría do Monte

 

 

            A Baixada é a despedida do Monte. Iniciada pola Banda Negra, a decana das bandas mariñeiras que participan na Semana Grande da Guarda, as bandas, as 21 bandas, abandonan o Parque do Cancelón pasadas as nove da tarde-noite acompañadas por centos de romeiros que seguindo os compases dos característicos sons das respectivas bandas, bailan, detéñense, axeónllanse, érguense, van cara adiante ou retroceden nunha lenta marcha por alongar o Domingo do Monte que morre coa noite.

            As beirarrúas están ateigadas de curiosos que vén o discurrir dos romeiros. Algúns, adornados coas hortensias que medran a carón do Cancelón; outros coa pel sintética dos bombos esnaquizada, aquel con ollos que miran sen ver, este achegándose ao público cun sorriso tambaleante, unha parella bícase, un grupo de amigos pousan para una foto que lembre este momento, unha moza ofrece o garrafón co que aínda lle queda de viño a un mozo, e todos coas facianas tintas, coas camisas tintas, coas mans tintas.

            A Baixada é unha noite meiga, é un arcás no que se recollen os mellores momentos dunha xornada na que o máis importante foi descubrir a capacidade de esquecer tantos sinsabores que asulagan o día a día. Por fin no Monte non se fala da crise, nin dos soldos insultantes dos políticos, nin das prebendas dos banqueiros, nin tan siquera de termos os petos furados. Para falar da incompostura deses poucos que nos abafan, xa haberá “un mañá”, que é luns, que é o regreso á realidade.

            Porque a Baixada, con todas as penurias que se queiran, é o  tempo “noso”….

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Torneo

Internacional

de Pesca

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com