30/04/2013

     

    

Salvador Domínguez Alonso: 106 anos

Reportaxe: Beti Rey

 

O avó de Tui cumpriu o sábado 106 anos

 

O avó de Tui, Salvador Domínguez Alonso cumpriu o pasado sábado 106 anos. Este veciño de Paramos recibiu na súa casa a visita do alcalde, Moisés Rodríguez, e da concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, xunto a outros membros do equipo de goberno.  Dende o concello o agasallaron cunha torta de aniversario e unha placa.

Ata alí tamén se desprazou parte da súa familia para compartir con el esa data do 106 cumpreanos. Este ano non puido estar con Salvador o seu irmán Laureano que vive en Santiago e é nonaxenario, pero si estiveron parte dos 7 sobriños e dos seus 11 sobriños netos, así como a súa coidadora Jovita.

  

Outra forma de ver as reportaxes: premer nas fotos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

"Os nosos Fariñeiros..." cumpriu a tradición en Tui

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com