24/07/12

     

    

Avelino Martínez

Reportaxe: Beti Rey

 

O policía local de Tui Avelino Martínez recibido no Concello tras os dous ouros no Europolyb

O Concello de Tui brindou o luns, 23 de xullo, unha recepción oficial ao policía local Avelino Martínez logo de que hai uns días se teñan proclamado campión de Europa en judo e loita sambo no Campionato de Europa de Policías e Bombeiros, Europolyb, celebrado en Tenerife.

O acto, celebrado no salón de sesións,  foi presidido polo alcalde, Moisés Rodríguez, e contou coa presenza dos concelleiros Ángel Gutiérrez, Nicolás Lorenzo, Olga Montes e Jose Ángel Villaverde, así coma do voceiro do PSOE, Enrique Cabaleiro.

O concelleiro responsable da Policía Local, Ángel Gutiérrez, destacaba na súa intervención que este é “un día especial porque non todos os días dentro da policía local podemos ter un dobre campión de Europa no Europolyb”. Felicitaba a Avelino Martínez desexándolle que siga colleitando éxitos.

Pola súa parte o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, puxo de relevo que “o traballo e esforzo ten recompensa” como demostraron estas dúas medallas de ouro logradas por Avelino Martínez representando á policía local de Tui e levando o nome da cidade. Puntualizaba amais que “estas medallas teñen un dobre mérito pola súa situación persoal”. Engadía o rexedor que “a corporación ten que apoiar e potenciar as persoas que traballan no concello” felicitando a este municipal en nome de toda a corporación.  Concluía Moisés Rodríguez sinalando que “Tui é unha cidade con grandes campións e non debemos acostumarnos a que pasen desapercibidos”.

Por último o homenaxeado, Avelino Martínez,  agradecía o apoio do concello e das persoas que posibilitaron a súa presenza neste campionato en Tenerife. Amosou a súa ledicia e tamén a súa esperanza de poder volver a competir no Europolyb dentro de dous anos en Bruxelas. Hoxe durante a recepción recibiu un agasallo de mans do alcalde.

Ao acto tamén asistiron membros da policía local e familiares do homenaxeado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Festa

do Avó

na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com