13/07/2013

     

    

Alumnos de Águeda Suárez

 

O Centro Cultural acolle ata o 31 de xullo unha mostra de pintores noveles

 

            Coa presenza do concelleiro de Cultura, Antonio Lomba, e das concelleiras Montserrat Magallanes e Teresa Baz, así coma da profesora, Águeda Suárez e alumnos, inaugurouse o 12 de xullo no Centro Cultural da Guarda a mostra do Curso de Pintura, organizado pola OMIX, que poderá visitarse ata o 31 de xullo, no horario no que está aberto o Centro Cultural.

            O concelleiro de Cultura, que valorou o traballo realizado por Águeda Suárez, explicou que este é o segundo ano que o concello, a través da OMIX, oferta as actividades de pintura. Destacou o traballo realizado, indicando que algúns dos participantes iniciáronse nesta arte durante este mesmo ano, e o seu facer pode verse agora neste mostra colectiva.

            Os alumnos, dixo noutro momento Antonio Lomba, asisten a clases, nunha das sales compartidas no Antigo Sinde, 2 horas á semana e considerou “fantástico ofrecer este espazo para que espoñan os novos talentos”. E finalizou as súas palabras recoñecendo o labor de Águeda Suárez, “porque detrás de todo isto ten que haber alguén que estimule a facer cousas tan bonitas”.

            Pola súa banda Águeda Suárez, agradeceu ao concello que lle dese esta nova oportunidade de formar novos pintores, e aínda que esta actividade está organizada pola OMIX “ás clases de pintura asisten nenos desde os 6 anos ata persoas con moitos”. Dixo ser esixente co traballo e agradeceu “aos alumnos pola paciencia que teñen, porque ata que queda perfecta a obra, non paramos”.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Presentación

da Feira do

Viño do Rosal

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com