28/05/2013

     

    

Arco levou a súa feira a Oia

 

A contorna do Mosteiro de Oia foi o escenario da Feira de Artesanía esta fin de semana

 

Estes pasados sábado e domingo celebrouse no entorno do monasterio de Sta. Mª de Oia, a Feira de Artesanía convocada por Arco que contou coa participación de 49 artesáns do Baixo Miño e do Val Miñor e que tivo actividades paralelas como unha marcha cicloturista, co club Ciclismo Oiense, e actividades para os máis pequenos cun taller infantii.

            Romy Otavani manifestouse satisfeita polo discurrir da feira, destacando o marabilloso entorno que ocuparon os diferentes stands coas máis varidas propostas. Aínda que as vendas, por mor da crise xa non son o que eran, recoñeceu sentirse satisfeita pola resposta do público. Algo parecido expresaba Paco que elabora filloas á pedra, quen falaba de descensos de vendas que podían chegar ao 50 por cento, pero, dada a crise que hai, afirmaba que “esperemos que polo menos a situación non vaia a pior e comece a mellorar”

            A climatoloxía favorable, aínda que á tardiña facíase sentir o vento do norte, facilitaron unha importante presencia de público nos dous días que durou a Feira.

 

Outra forma de ver as reportaxes: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Obradoiro de Arqueoloxía no Monte Santa Trega

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com