10/03/ 2010

     

    

Esnaquizan as cristaleiras do Art Café

 

 

            Descoñecido, ou descoñecidos, esnaquizaron nas primeiras horas da mañá de onte, martes, as catro lúas e unha porta de cristal da cafetaría Art Café, local situado na céntrica Praza do Reló, onde se sitúan as dependencias policiais e a Casa Consistorial.

            Ningún veciño das vivendas contiguas, nin o propietario do inmoble que vive nun dos pisos superiores, e que ten alugado o baixo, o ex alcalde Raúl González Puebla, escoitaron ruído algún. Ao parecer, segundo dixo un membro da Policía Local, unha veciña que vive na rúa Cervantes, escoitou, sobre as catro da madrugada, ruídos, pero non lles deu máis importancia.

            A aparatosidade dos ocos abertos nas lúas falan da forza que se se exerceu para producir as fendas abertas. Nalgunha do catro cristaleiras, dúas delas dan á Praza do Reló e as outras dúas á rúa Cervantes, contábanse até tres impactos.

            Os actuais propietarios da cafetaría son dous mozos da localidade, Josué Baz Vicente e Pablo Rodríguez  Pérez, que a adquiriron por traspaso fai uns cinco anos, segundo explicou o primeiro deles quen dixo que sobre as oito da mañá recibiu a chamada dun amigo alertándolle do que estaba a ver. Inmediatamente chamou á Garda Civil para denunciar este acto que foi moi comentado pola veciñanza e por cantos pasaban polo lugar que manifestaban o seu asombro e tiñan palabras de condena para este acto concluíndo cun “¡non sei a onde imos parar con isto!”.

            Josué Álvarez, que sinalou que sobre a unha da madrugada, xa do mesmo martes, pecharon o local, manifestou non coñecer as intencións de quen perpetraron estes danos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

   

Día da Muller no Rosal con Xamaraina

   

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

Índice reportaxes 2009

 

Reportaxes dos lectores

 

Novas/avisos/outras

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com