28/05/2013

     

    

Obradoiro de Arqueoloxía

 

O Monte Santa Trega acolleu un obradoiro de arqueoloxía

 

            O parque de lecer de Chans, no Monte Santa Trega, centrou o sábado, 25 de maio, as actividades do Obradoiro de Arqueoloxía que por segundo ano se realizan, promovidas polo concello da Guarda e o Padroado Municipal Monte Santa Trega.

            Nesta ocasión as propostas pasaban polo cocido de pezas cerámicas, semellantes ás que se producían no castro do Monte, hai dous mil anos, e na elaboración de pan seguindo modelos que supostamente se empregaron na Idade do Ferro.

            Houbo oportunidade para a investigación, con propostas de arqueoloxía experimental; ou sexa: comprobar que determinados supostos cos que se experimenta, puderon ser o método empregado na etapa castrexa, “pudo ser”, non significa que así fose; indica unha posibilidade máis de como se puderon realizar determinadas actividades.

            Durante a xornada deuse a oportunidade de que o público asistente participase nos talleres montados: o de elaboración de pan e o decorado de pezas, entre outros. Tamén houbo unha pequena mostra de cerámica máis recente, elaborada por alfareiros locais.

 

Outra forma de ver as reportaxes: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Mostra escolar dedica ao escultor Daniel Alonso

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com