29/07/14

     

    

XXIII Concurso de Figuras na Area

   

A praia do Muíño acolleu o XXIII Concurso de Figuras de Area

 

Organizado pola Concellaría de Medio Ambiente do Concello da Guarda, coa colaboración de Anabam, a Entidade Local Menor de Camposancos e distintas casas comerciais, celebrouse o domingo, 27 de xullo, na praia fluvial O Muíño, en Camposancos, o XXIII Concurso de Figuras de Area con preto de 150 participantes nunha xornada pouco soleada e con presencia de bancos de néboa. Como é habitual a categoría con máis participantes foi a de grupos con máis de 100 inscritos. Tiveron unha hora para realizar as figuras que moitos deles xa tiñan pensado e incluso algúns xa viñan co debuxo e os materiais necesarios. Durante este tempo o persoal de limpeza de praias repartiu augas entre os concursantes mentres o xurado tomaba nota de cada figura.

Ás 13 horas o xurado indicou os premiados nas diferentes categorías, facéndose entrega a continuación duns agasallos ós nenos que participaron nesta xornada lúdica.

Os membros do xurado fixeron entregaro os premios nas cinco categorías: unha camiseta e un vale para ser canxeado nas librerías da Guarda adheridas á iniciativa. Para os primeiros das categorías por idades foi de 20 euros e os segundos de 10 euros, e para os premiados por grupos cada un recibiu o seu correspondente vale. 

Nesta edición sumáronse a actividade 20 discapacitados intelectuais da Asociación Tempus de Narón (A Coruña) que tamén recibiron o seu agasallo.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Exposición de Jorge Barbi na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com