17/06/2013

     

    

Procesión de San Antonio

 

A procesión de San Antonio percorreu as rúas do antigo casco da Guarda

 

         O sábado, 15 de xuño, e o domingo, 16, cumpriuse a tradición das Festas de San Antonio, que teñen como espazo para as actividades lúdicas, o porto da Guarda. Nos dous días  a música tivo un protagonismo especial, pero non menos interese convocou a procesión do Santo, que logo da misa dominical das 11.30 horas, percorreu as rúas máis antigas da localidade. Desde o adro da parroquial, onde se iniciou o percorrido coa imaxe do santo, o estandarte e  a bandeira, acompañados por moitísimos fieis, anxiños, nenos de Primeira Comuñón, autoridades locais, párroco, Jesús García Villadóniga, e a banda da Agrupación Musical da Guarda, dirixida por Víctor Alonso Treinta, a procesión seguiu polas rúas Bernardo Alonso, primeiro tramo de Oliva, Hernán Cortes, Concepción Arenal, Brasilino Álvarez, e logo de cruzar por Joaquín Alonso, enfiou cara á igrexa pola rúa Antonio Lomba.

         Os actos matinais, de carácter relixioso, remataron cun pequeno concerto da Agrupación Musical da Guarda no adro da igrexa da Asunción de Santa María.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Exposición de

pintura de

Suso Cameselle

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com