13/01/14

     

    

Inauguración oficial Castelo

  

A ministra Ana Pastor inaugura oficialmente o Castelo de Santa Cruz como parque da Guarda

 

A ministra de Fomento, Ana Pastor, visitou A Guarda o sábado, 11 de decembro, para inaugurar oficialmente o Parque Urbano do Castelo de Santa Cruz, que abriu as súas portas como tal o 6 de decembro.

Cunha ampla representación de alcaldes e concelleiros, así como representantes autonómicos, Ana Pastor foi recibida polo alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas e outros corporativos. Un amplo despregue das forzas públicas se despregou na contorna, formando cinco axentes unha liña diante dos afectados das preferentes e sancionados por Facenda, que mantiñan pancartas reivindicativas abertas.

Antes de pasar ao interior do recinto, a ministra escoitou aos portavoces dos dous colectivos mencionados, Julio Vicente, pola Plataforma de estagados polas preferentes e subordinadas, e Venito “Mansa”, representante da Plataforma de Emigrantes Retornados do Baixo Miño.

Julio Vicente espetou á ministra Ana Pastor, na visita que fixo á Guarda para inaugurar oficialmente o parque urbano do Castelo de Santa Cruz, que “os que estades detrás desto vos tiña que caer a cara de vegonza”. Tras “apartarse”, “porque algun dirixente me tratou de delicuente con antecedentes”, e deixar protagonismo a otros afectados, dijo que estas “persoas ‘novas” (término irónico para referirse a maiores preferentistas sancionados por supostos desordes), reivindicatavas, e deben ser de Resistencia Galega, polo que se di por aí, están todos con sanciónse á maior parte aínda non lle devolstedes os aforros”. E puxo exemplos dunha familia con 2.000 euros en sancións, e máis de 90.000 euros en preferentes, sen recuperar un céntimo. Adviritiu á ministra que en cada acto do Partido Popular estarán “estas camisetas” como veñen veñen facendo desde hai dous anos.

E noutro momento, sinalando a unha muller de 76 anos, apoucada ela, Julio díxolle á ana Pastor “Esta señora está sancionada por utiliar obxectos contundentes na rúa que poñen en perigo ós cidaadáns e ás forzas da Orde Pública: mire que pinta de perigosa ten”. E mencionando a outra muller de complexión débil, leu que está sancionada por enfrontarse ás forzas do Orde, “e por aí hai algún policía que non parecen pequenos… e mire para ela”.

Tamén Benito “Mansa”, portavoz da Plataforma de Emigrantes Retornados do Baixo Moño, manifestou á ministra a preocupación deste colectivo que está a recibir requerimentos da Axencia Tributaria Española sancións por supostas irregularidades nas declaracións desde o ano 2008.

            “Mansa”, explicou á Ana Pastor que foron traballadores en Europa, facendo incluso os peores traballos, “lebamos a ombros as cargas deste país, enchemos este país de divisas e ahora, en pago, nos veñen con que somos defraudadores, segundo as palabras do ministro Montoro. Nós somos moitos cousas, pero non defradudadores”. Recordou que houbo intentos para cambiar a lei, e que o Partido Popular no Parlamento de Galicia votou en contra a unha proposta do BNG que contaba cos apoios do PSOE e AGE. Tras recordar que hai xente que “a trincaron nas preferentes e a trincaron coas pensións”, sinalou que esto é unha decisión política. “Cando outros se levan o diñeiro como sabes; cando se levan os maletíns, emparentados coa Realeza deste país e os políticos de renome deste país, moitos do seu Partido”. Como médico que é Ana Pastor, algúns dos afectados lembráronlle á ministra que esta situación “está levando a moitos á tumba, e de feito xa houbo mun suicidio”. Unha das afectadas díxolle á ministra “que teño 82 anos e xa me viñeron catro multas. Vou con case 5.000 euros”. Retomou o fío desta situación que afecta á saúde “Mansa” para recordarlle á ministra “que vostede é médico, e sabe a que pode levar esto: persoas de 89, 90 anos, con cadros de ansiedade, con depresións, con infartos, con suicidio”.

            A ministra asegurou “que tomo nota” e Julio Vicente animouna a facelo “esperemos que isto se solucione”.

A ministra no Castelo

            Ana Pastor, e o resto da comitiva, dirixiuse ao interior da Castelo de Santa Cruz, accedendo pola Porta de Socorro, onde un técnico da empresa que realizou as melloras explicou, coa axuda dos paneis, as características da actuación realizada e, de seguido, a comitiva percorreu o perímetro deste espazo de lecer.Na comparecencia diante do distintos medios, o alcalde da Guarda, ratificou as palabras do director da obra e agradeceu a cantas persoas e administracións, fixeron posible que o Castelo de Santa Cruz sexa un espazo a disposición dos guardeses e visitantes, e que supuxo, tamén, a recuperación dun patrimonio de alto valor histórico. Adantou o alcalde que a ides do grupo de goberno e mellorar este parque e para elo participarán na próxima convocatoria do 1 por cento de Cultura que concede o Ministerio de Fomento.

            Na súa intervención diante dos medios, a ministra Ana Pastor, que quixo tamén destacar o alto valor que ten este espazo como lugar de lecer para os guardeses, adiantou qu o seu ministerio ampliará o “1 por cento Cultural” ata ao 1,5 por cento do presuposto das obras de contratación desde Ministerio, e recoñeceu que son moitas as necesidades que existen, pero desafortunadamente non se poden cubrir todas e invitou aos lectores, radiouventes e espectadores das canles de relevisión a achgarse á Guarda, “porque se hai un lugar desde logo magnífico, marabilloso, cunha beleza singular en Galicia é A Guarda”.

Ferri da Guarda

Os medios de comunicación en 2011, facíanse eco dunha rolda de prensa que a Ministra, Ana Pastor, ofrecía na sede do Partido Popular. Daquela, a hoxe ministra de Fomento, atopábase na oposición, e resposabilzaba ao Goberno Central, presidido polo socialista Rodríguez Zapatero, de deixadez para resolver os problemas de navegabilidade do ferri Santa Rita de Casia.

Hoxe, o discurso de Ana Pastor, que forma parte do Goberno do Estado, xa non é o mesmo que daquela, e, preguntada ao respecto, responde cuna ebasiva. “ten que preguntarlle vostede a quen ten a competencia, porque o meu departamento no ten competencia nesa materia”. E cando se lle lembran as palabras que dixo na oposición, a ministra, en ton defensivo, afirma que “Eu teño aínda memoria do que digo, e eu o que dixen é que tiñan que buscar unha solución y haberá que buscar unha solución, pero a solución ten que ser dentro das competencias que lle corresponden a cada cal, e como vostede me preguntou polas miñas competencias eu lle digo que co ordenamento xurídico que é o que eu teño como dirixente público e como servidor público que é ao que me dedico, que é servir aos ciudadáns, só podo actuar no ámbiro das miñas competencias”.

 A ministra escoitou tamén as queixas dunha filla de Valentín González, aqueixado dun ictus cerebral, que o manten nunha cadeira de rodas, quen lle dixo que contan con informes técnicos que fan viable a colocación dunha rampa nas escaleiras do Convento que posibilitarían a eliminación de barreiras arquitectónicas entre a rúa Baixo Muro e a Colón, e que permitiría que o seu paí, que debe recibir asistencia médica, poidese utilizar una cadeira de rodas para desprazarse.

            Ao parecer son cuestións patrimoniais as que impiden situar unha rampa nesta contorna, e a ministra comprometeuse a mediar neste comflito para ver a posibilidades de solucinar esta situación, contando tamén coa colaboración do concello. A exalcaldesa da Guarda, Purificación Álvarez, coincidiu co actual rexedor, Domínguez Freitas, en asegurar que é precisamente a Lei de Patrimonio quen impide a colocación desa rampa solicitada polos familiares de Valentín González. Por outra banda, Somínguez Freitas explicaba no seu momento que a Lei de Accesibilidade ten unha normativa que non permite a execución desa rampa, pois suporía convertirse nunha barreira para outos veciños.

 

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Efectos do temporal do 6 de xaneiro

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com