26/09/2012

     

    

Amparo: realizado o seu soño

Reportaxe: San Xerome Emiliani

 

Amparo, do Centro San Xerome, da Guarda cumpriu o seu soño no “Festival de la luz”

Esta pasada fin de semana tivo lugar en Boimorto (A Coruña), pobo natal de Luz Casal o “Festival de la Luz”,  a beneficio da Asociación galega de loita contra o  cancro.

No cartel, primeiras figuras da música coma Iván Ferreiro, Luar na Lubre, Di Elas (Luis Tosar), Vega e a anfitriona Luz, entre outras. Ademais celebrouse simultaneamente o “Mercado da colleita”, promocionando así  a defensa do rural galego.

A este festival asistiron (con acampada incluída), un grupo de rapaces do Centro San Xerome, da Guarda, que poideron disfrutar dos concertos e do espectacular ambiente.

Para Amparo foi algo máis especial, xa que por fin  tivo a oportunidade  de coñecer a  súa ídolo: Luz Casal. Durante case media hora departiu con ela e o resto de compañeiros no camerino,  entregoulle un debuxo conmemorativo do Festival e dúas camisolas con debuxos seus.

O grupo  tivo tamén a oportunidade de saudar a un vello coñecido do San Xerome: Luis Tosar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Toma de posesión de Javier González Vicente (PP)

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com