12/06/2013

     

    

Agrupación Musical do Rosal

Reportaxe: Luis Dorado Senra

 

Concerto-aniversario da Agrupación Musical do Rosal e homenaxe a Nemesio Castro

 

A Agrupación Musical do Rosal celebrou o domingo, 9 de xuño,  no Auditorio Rosal o seu 27 aniversario, cun concerto no que participarán a banda de música e a coral, así como a soprano Toñi Santos Vaquero.

A banda de música e a coral interpretaron Rienzi, obertura de Richard Wagner; Resplendet Glory de Rossano Galante; El Fantasma de Ópera de Andrew Lloyd Webber, arr. Johan de Meij; e Memory do musical "Cats" de Andrew Lloyd Webber, arr. Johan de Mei.

Como solista, a soprano Toñi Santos Vaquero, conxuntamente coa Coral da Agrupación Musical do Rosal, cantou Coro de Esclavos de "Nabucco" de Giuseppe Verdi; Mazurka de las sombrillas de "Luisa Fernanda" - Federico Moreno Torroba, e Donde estarán nuestros mozos de "La Soto del Parral" de R. Soutullo y J. Vert.

Durante o acto realizouse unha homenaxe a Nemesio Castro, unha persoa moi carismática e querida dentro da Agrupación que foi membro da xunta directiva durante moitos anos e acompañou á banda na meirande parte das súas actuacións.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Corpus Guardés-

2013: procesión

do Santísimo

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com