09/06/14

     

    

Homenaxe a Generoso Álvarez Seoane

  

Generoso Álvarez Seoane homenaxeado na Guarda

 

            Generoso Álvarez Seoane foi homenaxeado o 5 de xuño pola Agrupación Cultural Guardesa, pechando así os actos organizador co gallo do Día das Letras Galegas iniciado o 17 de maio.

            De Álvarez Seoane falou Constantino Peón Amor, presentado por Marisol Diz, secretaria da A.C.G., que lembrou o labor profesional e cultural realizado polo autor, entre outros moitos traballos científicos e literarios, de publicacións que teñen que ver coa Guarda ou a comarca como “Testimonios de una época”, "Guerra Civil en el Baixo Miño" e "Historias del Baixo Miño". Julia sobrino, presidenta da “Agrupación”, dedicou unhas verbas ao homenaxeado.

            Tamén subiron ao estrado amigos de Generoso que lle dedicaron verbas de amizade, foron eles Jorge Sales Illán e César Cunqueiro González-Seco.

            Nesta homenaxe participaron o Grupo de Pandeiretas da Agrupación Cultural Guardesa, o Grupo Antorcha e a Coral da Terceira Idade.

            O homenaxeado, nunha breve intervención, salientou a importancia da lngua galega.

            Rematou o acto, presentado por Manuel Santos, coa entrega de recordos e a distinción a Generoso Álvarez Seoane e un ramo de flores á súa dona.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Xantar do Club da 3ª Idade

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com