11/03/2013

     

    

Andaina pola montaña de Oia

 

A climatoloxía adversa non detivo aos senderistas que inauguraron as Andainas 2013 do Concello da Guarda cunha ruta por Oia

 

            Case un centenar de senderistas, desafiando a unha climatoloxía adversa para realizar a ruta, participaron o sábado, 9 de marzo, na primeira das Andainas 2013, organizadas desde a Concellaría de Deporte que dirixe Javier Crespo.

            Os participantes que partiron en autobús ás 9.30 horas desde A Sangriña, iniciaron o percorrido pola montaña de Oia desde a Casa Forestal da Valga, guiados por Francisco Javier Costas Goberna, da Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Oia (ACAMO).

            O percorrido, a pesar da choiva e o vento que fixo estragos nalgún paraugas, discorreu por lugares de gran beleza paisaxística nun espazo natural singular, como é o humidal de montaña da Valga, con vistas á costa de Santa María de Oia, desde o Miradoiro do Castelo de Chavella, na que destaca o mosteiro cisterciense e unha ondada que cubría de branco todo o litoral.

            Regatos, piñeirais, espazos abertos, muíños, como os do Calán, e animais pastoreando en liberdade, forman parte dun espazo pródigo en monumentos arqueolóxicos, como as <mámoas>, lugares de enterramento con 5.000 anos de antigüidade, que se descobren, elevándose lixeiramente ovalados, sobre os terreos que os rodean. Foi unha das poucas paradas para documentarse que permitiu a xornada e que aproveitou o guía, autor de numerosos traballos de investigación e conferenciante, Francisco Javier Costas Goberna, para ilustrar o interese deste percorrido de, aproximadamente, 17 km, de lonxitude.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Os de Mañufe

 no Entroido

2013

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com