30/05/2016

     

 

 

 

Alfombras Florais na Guarda

  

As adversas condicións climatolóxicas non impediron que A Guarda volvese a adornar as rúa de flores

 

As inclemencias meteorolóxica, fundamentalmente a chuvia que caeu na noite do sábado ao domingo, non impediu que A Guarda, por mor do esforzo e a vontade demostradas polas distintas persoas que colaboran na elaboración das alfombras florais, mostrase as rúas cheas de cor e arrecendos de eucalipto.

Aínda que algúns colectivos das distintas rúas esperaron incluso ata as cinco da madrugada para comezar a “vestir” as rúas de flores, viruta tinguida (unha novidade na rúa Concepción Arenal para suplir a escaseza de hortensia), mirto, buxo, pampullos e un longo etcétera de mateirias empregados, non foi posible iniciar os traballos ata as sete da mañá cando, definitivamente, e arriscando o traballo que se podería facer, se comenzaron a colocar pétatalos, follas, pionas de ucalipto moídas, buxo, mirto e todo aquel material que se foi traballando ao longo de todo o mes de maio.

Os labores, sen poder dar más de sí pola premura do tempo, e tamén pola falta das mans necesarias, remataron pouco antes de que a procesión do Santísimo (popularmente, “do Señor”) desfilase por este efímero tapete, admirado por veciños, visitantes e incluso, por peregrinos que pasan pola Guarda no se camiño a Composte.            

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Tapearte A Guarda, presentación

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2015

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com