25/11/2013

     

    

Concerto de Tino Baz no Alborada

 

Tino Baz deixou voz e sensibilidade no restaurante Alborada

 

            O Restaurante Alborada, co aforo cuberto, acolleu o 22 de novembro unha cea-concerto que tivo como protagonista a Tino Baz que se acompañou da gaita, a guitarra e a zanfoña, pero tamén coas voces especiais da súa irmá, Carmen Baz; da súa compañeira, Rocío Leiro e dos comensais que foron un coro especial nalgunhas das cancións interpretadas polo cantautor guardés que adiantou, una vez máis, algúns dos temas que estarán no disco que vai gravar o vindeiro ano. E Maruxo, recitou baixo acordes da guitarra de Tino, un poema de Rosalía de Castro cunha grande dose de posta en escena, sendo aplaudido polos asistentes e merecendo o parabén do propio Tino Baz.

            E xunto con estas novas composicións, estiveron outras que falan da nostalxia dun Tino Baz anterior; e as cantigas populares, que soan nas voces de taberna; e as dedicatorias a amigos e a amigas desta voz da Guarda.

 

Outra forma de ver a reportaxe; premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Cicloturismo Semana Cultural de Oia

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com