10/09/12

     

    

Procesión da Virxe da Guía

   

 

            A Praza da Guía, onde se levanta a capela posta baixo a advocación que dá nome a este espazo, acolleu a Misa Solemne do 8 de setembro cooficiada polo párroco da Guarda, Jesús García Villadóniga, e o bispo Emérito de Santo Domingo (República Dominicana), monseñor Francisco José Arnaiz, quen xa ten oficiado en repetidas ocasións este mesmo acto. Cantou o coro parroquial da Asunción de Santa María, e acompañou aos actos, a Banda de Música Cultural de Arcade.

            Xunto coa Comisión de Festas, presidida por Elías Rebollar Vega, compartiron bancada membros da Corporación da Guarda, co alcalde José Manuel Domínguez Freitas, ao fronte.

            Monseñor Arnáiz, na homilía, fixo un canto á Galicia, aos emigrantes e á obra dos milleiros de galegos que atravesaron o Atlántico para buscar mellores condicións de vida nas terras americanas. Él mismo, dixo, foi un emigrante que estivo en Cuba nos primeiros anos da súa chegada a América, e os últimos 52, na República Domn¡inicana.

            O bispo emérito “vinculado” á Guarda a través do empresario local, emigrante en Santo Domingo, Manuel Costa, referiuse noutro momento ao “cataclismo económico” e considerou como un falso prantexamento o que fan “os gurús” da economía cando aluden ás orixes da crise mundial, porque “o problema do mundo é a dexeneración do ser humano”, E acudiu a encíclica de Xoán XXIII que invitaba a observar a harmonía da natureza, fronte ao desorde que promove o xénero humano.

            Tivo palabras para os afectados polas preferentes  que “teñen dereito a recibir todo o que foi froito do seu traballo”. E seguindo polo sendeiro económico, tamén precisou que o obxectivo da Economía, no é gañar máis, como se quere inculcar aos mozos de hoxe; o obxectivo “ten que ser o benestar de todos, e para logralo debe desaparecer a pobreza”. Neste sentido lembrou, por exemplo, as necesidades de leite que teñen países de América Latina e de África, e mentres existe esa necesidade, en Asturias “se lles castiga por producir máis leite”.

            Na parte máis “relixiosa” do seu discurso, animou a mirar á Virxe da Guía e a pedir o seu amparo.

            Rematada a Misa Solemne organizouse a procesión cuxa imaxe foi sacada do pórtico da Capela por distintos membros da Comisión que a entregaron aos porteadores, iniciándose o percorrido no que participaron xunto a nenos que fixeron a Primeira Comuñón este mesmo ano, algúns anxiños, e pechando a comitiva relixiosa, a banda Cultural de Arcade.

            A Praza da Guía, a rúa Calvario, Vicenta R. Cachada, José M. Andreini, Puerto Rico e Baixada á Praia, con entrada de novo na Praza da Guía, foi o percorrido realizado pola procesión que foi contemplada, tamén, por peregrinos ingleses que facían o Camiño de Santiago e que chegaron a esta localidade para seguir o Camiño Portugués da Costa. Entre as novidades do percorrido procesional, e por iniciativa da Comisión, desde distintos balcóns da rúa do Calvario, tiránrose pétalos de flores ao paso da Virxe.

 

Outra forma de ver a reportaxe; premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Atlético

Guardés.

Presentación

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com