29/06/2013

     

    

Curso de Pandereteiras da A.C.G.

 

A Agrupación Cultural Guardesa clausurou o curso de pandereteiras cunha demostración do aprendido en menos de oito meses

 

            O xoves, 27 de xuño, a Agrupación Cultural Guardesa clausurou o curso de pandereteiras que se desenvolveu desde o pasado mes de novembro, baixo a dirección de Berta Castro. Participaron cunha demostración do aprendido os que deron en chamar “Grupo dos Xoves” e o “Grupo dos Luns”, que corresponden ós días nos que os alumnos acuden ás clases de pandeireta, que se imparten na sede do colectivo mencionado.

            Tamén estiveron presentes neste acto de clausura, presidido por Julia Sobrino, presidenta da Agrupación Cultural Guardesa, o grupo rosaleiro “Ir e Vir”, así como Manuel Ángel Pombal Diego, que foi o personaxe homenaxeado este ano na contorna co gallo do Día das Letras Galegas.

            Berta Castro animou aos home a integrase máis nestes grupos e desexou “poder contar cun grupo formado só por homes”.

            A demostración das pandereitras, aínda que tamén nun dos grupos hai catro homes, viaxou por distintas vilas de Galicia, como Avión, Folgoso, Barcianamera, Covelo, Pontecaldelas e Bembrive, ademais do Norte de Portugal, ofrecendo pasodobres, mazurcas, valses e rumbas.

            Berta Castro precisou que “aquí vimos a pasar un bo momento, pero tamén cantamos e tocamos a pandereta”.

            A presidenta da Agrupación Cultural Guardesa manifestou o seu agradecemento á Berta Castro pola súa disponibilidade para impartir as clases, e cedeu a un membro do grupo a entrega dun recordo a Berta.

            Pola súa banda a Agrupación Cultural Guardesa tamén entregou ao grupo “Ir e Vir”, un obsequio, cedendo tamén Julia Sobrino esta entrega a Manuel Ángel Pombal Diego.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Fogueiras

de San Xoán

na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com