02/07/2014

     

    

Curso Pandeireta da A.C.G

 

Clausura do Curso de Pandeireta da Agrupación Cultural Guardesa

 

            A Agrupación Cultural Guardesa clausurou o 30 de xuño o Curso de Pandeireta, que se estivo impartindo desde outubro ata xuño. Berta Castro, a mestra que forma ás pandereiteiras explicou as pezas que interpretaron na decurso da clausura. Pola súa banda a presidenta da Agrupación Cultural Guardesa, Julia Sobrino, animou a incorporarse a este colectivo a novas pandereiteiras, e o mesmo que Berta Castro, animou a que os homes tamén se animen porque sería desexable contar tamén cun grupo de pandereiteiros.

            O acto rematou entregando unha monografía do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas na Guarda, Generoso Álvarez Seoane, e agasallos a Berta Castro por parte da Agrupación Cultural Guardesa e as alumnas de pandeireta.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Festival Luso-Galaico de Xamaraina

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com