17/03/14

     

    

Andaina polo Camiño Portugués da Costa

  

 

O concello da Guarda inaugurou as andainas 2014 cun percorrido polo Caminiño Portugués da Costa

            Máis de 140 persoas participaron na primeira andaina (15/03/14) organizada polo concello da Guarda, coa participación da Cámara Municipal de Caminha, percorrendo un tramo do Camiño Portugués da Costa, entre Áncora e e Portocelo, atravesando o río Miño no ferri Santa Rita de Cassia. Entre os sendeiristas atópabanse o alcalde da Guarda, José M. Domínguez Freitas, e o rexidor caminhense, Miguel Alves, ademais de varios concelleiros da Guarda e membros do clube Desnivel Positivo.

            Nunha xornada que amenceu con néboa, que no decurso da mañá foron diluíndose, e a partires das 11 os horizontes quedaron xa nas retinas don sendeiristas que concluiron este percorrido duns 20 quilómetros, aproximadamente ás 17.30 horas.

            Hai que salientar a deferencia de Caminha que posibilitou que os participantes subisen a Torre de Caminha, así como que visitasen algunhas dependencias da igrexa matriz.

            Foi un percorrido por espazos de bosques, estrada, sendeiros, rúa de pedra, a beira do río e o litoral. En defintiva, unha variedade de paisaxes que enriquecen o Camiño Portugés da Costa que aínda ten o atractivo de cruzar o Miño no ferri.

            A próxima andaina será o 5 de abril, neste caso pasa desprazarse ás terras ourensán de Melón coa posibilidade de visitar o mosteiro cisterciense e as termas de Prexegueiro.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Frixidela en Mercaguarda, por MILO BAZ

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com