20/04/2015

     

    

Andaina polo municipio de Caminha

   

Arredor de 80 persoas participaron na andaina polo “Trilho por entre o Mar e a Montaña” en Caminha, organizado polo concello da Guarda

 

 

 

            Máis de medio cento de guardeses e rosaleios, e aproximadamente unha vintena de portugueses, participaron o sábado, 18 de abril, na andaina de 19,5 km polo municipio de Caminha, organizada polo concello da Guarda, dentro das andainas 2015.

            Con dous guías, os camiñantes percorreron paraxes naturais de montaña, con magníficas vistas sobre o Esteiro do Miño e a costa Atlántica, apenas interrompidas pola chuvia que, nalgunha que outra ocasión, obrigou a abrir os paraugas. Saíndo do parque de campismo de Camarido, visitáronse miradoiros, como o da Fraga e o de S.Antón; o Alto da Espiga, e monumentos románicos, como a Capela de San Pedro de Varais, onde, con sorpresa para todos, a Cámara Municipal de Caminha, representada polo vareador de Turismo, obsequiou aos camiñantes con pinchos e doces típicos desta localidade portuguesa, ademais de contar coa presenza dun rancho folclórico que ofreceu a súa música e danzas aos participantes.

            En definitiva, magnífica ocasión para disfrutar dunha xornada nunha contorna natural como é o “Trilho por entre o Mar e a Montaña”.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Homenaxe ás redeiras

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2014

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com