Xoves Santo
20/03/2008
seguinte
Coa
procesión dos Pasos comezaron as principais celebracións relixiosas da
Guarda na Semana Santa de 2008. A xornada caracterizouse por unha
temperatura alta, aínda que as primeiras horas da mañá, e á tardiña, o
descenso deixouse notar e retirou dalgunhas rúas, como os tramos da Rúa
Galicia e Puerto Rico, así como a de José Mª Andreini, a unha gran parte
de público que esperaba o paso da procesión, sendo máis numeroso sobre
todo nas rúas Concepción Arenal e Brasilino Álvarez Sobrino.
Distintas novidades víronse o Xoves Santo. Por vez primeira non saíu o
Nazareno vivinte, segundo algúns, desapareceu a roupa que vestía. A
Dolorosa fixo o percorrido procesional acompañada de cofrades tocadas de
mantilla. O Nazareno contou, por vez primeira, con encarapuchados e dous
tambores. E as imaxes da Confraría da Paixón reduciron o número de
paradas no seu percorrido, a dúas: a primeira, á altura da igrexa
conventual de San Bieito, onde se congregou a maior parte de público; e
a segunda na encrucillada entre Brasilino Álvarez Sobrino, Joaquín
Alonso e Vicente Sobrino. Esta Confraría sacou tamén á rúa nun novo
elemento da Paixón de Cristo: o Santo Sudario, obra do guardés Rafael
Barbosa, que ía portado por catro cofrades.
A
bonanza climatolóxica achegou á Guarda a moitos visitantes este xoves,
visitantes que tamén viviron o espíritu da Semana Santa Guardesa.

















seguinte