g@lici@suroeste

índice                                    www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

horizontal rule

Procesión do Encontro

Venres Santo

seguinte

    A boa climatoloxía desta Semana Santa propicia a presenza dun importante número de visitantes á Guarda e posibilita, ao mesmo tempo, o locemento das procesións que desfilan pola localidade.

    Así aconteceo coa Procesión do Encontro, que saíu ás once da mañá da igresa parroquial de Santa María. Mentres o Nazareno e o Cristo no Horto das Oliveiras descendía por Mendez Núñez e enfiaba Ignacio Sobrino para entrar na Praza do Concello, a Verónica, San Xoán e a Dolorosa, baixaban por Bernardo Alonso distribuíndose, deseguido, entre as distintas rúas que conflúen na Praza do Reló: San Xoán e a Verónica, no comezo da rúa Colón; o Cristo no Horto das Oliveiras, na entrada da rúa Cervantes, a Dolorosa, no principio da rúa Bernardo Alonso, e o Nazareno, na saída da Praza do Reló, cara a Ignacio Sobrino.

    Desde o balcón dun dos edificios próximos, o párroco, Jesús García Viladóniga foi narrando o encontro cronolóxicamente, "actuando" as distintas imaxes que, dalgún xeito, escenificaban este moemento da Paixón de Cristo. Ao mesmo tempo, Jesús García introducía unha reflexión relacionada coa narración en cuestión.

    A partir da Praza do Relón desfilaron, en procesión, as imaxes, saíndo pola rúa Cervantes, e continuando o percorrido por Joaquín Alonso (Praza Nova), Antonio Alonso, e chegando ´´a igrexa parroquial onde rematou a procesión do Encontro.

seguinte