g@lici@suroeste

índice                                    www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

horizontal rule

Semana Santa guardesa

Cofrades e devotos traballan afanosamente nas xornadas previas ao Xoves e Venres santos

            Cofrades e devotos ultimaban onte, mércores, e aínda desde hai algúns días, os detalles na imaxinería e nas capelas que terán o protagonismo na Semana Santa Guardesa.

            As flores distribuíanse nas andas sobre as que se elevan a Virxe das Dores e o Nazareno, imaxe esta que foi trasladado a capela das ánimas. O Cristo no Orto das Oliveiras esponse xa no presbiterio da parroquial da Guarda e o Cristo da Saúde baixouse do camerino no que se instala ao longo de todo o ano, para ocupar un lugar ao carón da pía bautismal

            Tamén a Verónica, que ocupa un dos camerinos da capela posta baixo a advocación da Dolorosa, desprazouse a carón do altar da Virxe do Rosario.

            Na capela de Fátima, un grupo de persoas afánanse por ultimar o altar no que estará exposto o Santísimo. En poucas horas as calas, traídas do mosteiro de Santa María de Oia, cubrirán este retablo.

O rostro da Semana Santa guardesa

 A Paixón

No me mueve, mi Dios, para quererte
el cielo que me tienes prometido,
ni me mueve el infierno tan temido
para dejar por eso de ofenderte.

Tú me mueves, Señor, muéveme el verte
clavado en una cruz y escarnecido,
muéveme ver tu cuerpo tan herido,
muévenme tus afrentas y tu muerte.

Muéveme, en fin, tu amor, y en tal manera,
que aunque no hubiera cielo, yo te amara,
y aunque no hubiera infierno, te temiera.

No me tienes que dar porque te quiera,
pues aunque lo que espero no esperara,
lo mismo que te quiero te quisiera.

Marzo, 2008