Varamento dun rorcual en Viladesuso (Oia)
seguinte

Membros de ANABAM e Cemma recollendo datos do rorcual (Foto Noé
Ferreira)
Membros de ANABAM e de
CEMMA, estiveron, o venres, 17 de maio,
recollendo datos dun dos maiores cetáceos que vararon na costa do Baixo
Miño, un rorcual alibranco, (Balaenoptera acutorostrata), femia,
de algo máis de 8
metros
de lonxitude que o mar deixou varado nos rochedos de Viladesuso (Oia).
Certos indicios observados na inspección ocular realizada, indican que
moi probablemente este individuo foi arrastrado
por algunha embarcación, posiblemente xa cadáver.
No que levamos de ano, ANABAM
leva rexistrados preto de vinte cadáveres de cetáceos, ademais dunha
tartaruga de coiro. No que respecta ao rorcual alibranco, este é o
terceiro exemplar desta especie que se rexistra no Baixo Miño. Os dous
primeiros exemplares apareceron en Portecelo.

A fin de semana levou a moitos curiosos a Viladesuso para observar o
rorcual

Durante toda a xornada do sábado e o domingo o rorcual converteuse en
protagonista para cantos se achegaron a Oia

Unha
inspección ocular permite apreciar, a ambos lados do aparello xenital,
as mamas

Un
detalle do varamento

Aleta
caudal. A color natural vaise perdendo co paso dos días

O
rorcual atópase na parte inferior da zona intermareal

Detalle
das mandíbulas, parcialmente deterioradas polos golpes contra as rochas

Unha das
aletas. A perda de coloración evidencia que este exemplar leva algúns
días xa morto
seguinte
Maio,
2008