Casa de Respiro
Familiar
xestionada por FEAFES

Rafael Álvarez, Antonio
Hernández e Zulema Rodríguez na entrada da Casa de Respiro Familiar
Onte inaugurouse na Guarda unha
Casa de Respiro Familiar para persoas con problemas de saúde mental
xestionada por FEAFES
Onte
púxose en marcha, na Guarda, unha nova experiencia de respiro familiar,
promovida por FEAFES destinada ás asociacións que traballan con
persoas
con problemas de saúde mental
de Galicia. Trátase dunha casa en
réxime de aluguer, situada no mesmo porto guardés, xestionada pola
Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia,
que inicia as súas actividades cun grupo de cinco persoas e dous
monitores da Asociación Portanova, do Ferrol, que pasarán do venres ao
domingo, nesta localidade.
Na
casa de respiro familiar, estiveron Antonio Hernández Fernández,
coordinador de FEAFES; Zulema, e Rafael Álvarez, director de Avelaíña.
Antonio Hernández explicou que a idea xurdiu tralas conversacións que
mantiveron distintos técnicos que traballan con persoas con problemas de
saúde mental, e entre eles estaba Rafael Álvarez, que foi a persoa,
engade o coordinador, que tivo a idea desta casa como unha maneira de
ofrecer ás familias un lugar que acollese ás persoas con problemas de
saúde mental que dependen delas, durante unha fin de semana,
permitíndolles aos familiares, que soportan unha importante carga
asistencial, un merecido descanso.
Continúa Antonio Hernández explicando que esta iniciativa quixeron
complementala cun programa de ocio e entretemento para os usuarios da
casa, unha semana de vacacións con posibilidades de coñecer a zona,
subir ao monte Santa Trega, achegarse a Portugal, a través do ferri,
participar nas actividades culturais que se programen na Guarda, facer
sendeirismo ou mesmo ir á praia, por citar algunhas referencias de ocio
e tempo libro.
Un programa
para toda Galicia
O
programa de respiro familiar da Guarda ten carácter autonómico,
coordinado pola Federación, aberto a todas as asociacións de Galicia. De
feito nestes intres xa se barallan cifras, ata fin de ano, de preto de
duascentas persoas que pasarán por esta Casa, con capacidade para seis
usuarios e dous monitores cada fin de semana.
Na
súa financiación, participa a Xunta de Galicia, a través da Consellaría
de Sanidade á quen lle presentaron o programa, que o considerou unha
iniciativa moi imporante, asinándose o correspondente convenio. Os
usuarios aboan unha cantidade de oito euros día e persoa, para facer
fronte aos gastos correntes, enerxía, abastecemento de auga e
alimentación, que tamén se inclúe no programa.
Aínda
que a utilización da Casa vai ser, inicialmente, as fins de semana, co
tempo, porque a idea da Casa nace con vocación de continuidade e por
tempo indefinido, ampliaranse os seus cometidos; aínda así non vai estar
baleira o resto dos días, xa que os usuarios de Avelaíña levarán a cabo
nela actividades, que non se poden organizar no centro da Portela.
Rafael Álvarez
O director da Asociación Avelaíña, da Guarda, Rafael Álvarez, considerou
a Casa de Respiro Familiar como un proxecto da maior importancia, e así,
dixo, o entendeu tamén o SERGAS. Pero para Avelaíña, dixo, é dobremente
importante, porque os seus usuarios van poder estar aquí de descanso cos
seus monitores as fins de semana, segundo o programa ten previsto; pero
é que ademais durante a semana imos utilizar a Casa para facer un
programa de actividades da vida diaria, onde os usuarios se encargarán
de facer a comida, a compra, atender o mantemento da Casa; é dicir,
calquera actuación propia do ámbito familiar.
Entende Rafael Álvarez que para os usuarios vai ser unha alternativa
nova, e para as familias unha opción máis onde deixar aos seus fillos e
fillas, coa tranquilidade de que van estar atendidos polos mesmos
profesionais que se encargan deles nos centros que posúen as respectivas
asociacións.
Zulema
Rodríguez Espinele
Zulema Rodríguez Espinele, coordinadora do programa de ocio e tempo
libre de FEAFES, é a responsable de facilitar as actividades de ocio que
hai na zona, neste caso, na Guarda e arredores, estando en contacto
directo coas asociacións que se van desprazar, ben sexa á Guarda ou,
cando se trata doutras actividades, a outras localidades. Mesmo organiza
as excursións, como a que agora mesmo disfruta un colectivo de usuarios
en Asturias, responsabilizándose dos lugares onde poden xantar, visitar,
actividades a desenvolver ou onde aloxarse.
Zulema Rodríguez valora a existencia da Casa na Guarda como unha opción
moi importante para o colectivo de usuarios, que supón un cambio na
rutina diaria, a veces, unha rutina moi dura; pero o é tamén, insiste na
liña dos seus compañeiros, para as familias que poden ter unha liberdade
uns días, sen estar pendentes dunhas persoas ás que queren moito e que
non queren deixar soas; unha garantía de atención que agora saben que
van ter por parte dos técnicos e profesionais cos que cada día comparten
xornada.

Unha das dúas cociñas coas que
conta a Casa

Habitación dobre, con balcón
exterior

Outra das habitacións do
segundo andar

Habitación dobre, con fiestra a
un amplo patio exterior

Cuarto de baño no segundo andar

Sala de estar, no primeiro
andar, comunicado co comedor

Outra vista da sala de estar

Habitación con dúas camas no
primeiro andar

Habitación individual no
primeiro andar

Cuarto de baño, no primeiro
andar

A cociña que tamén pdoerán
empregar os usuarios da Casa. Esta no primeiro andar con porta de acceso
á terraza

Unha vista da terraza que
comunica co primeiro andar

Desde unha das fiestras vese o
porto da Guarda

Imaxe desde outra fiestra nun
día pasado por auga
Maio, 2008