g@lici@suroeste

índice                                    www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

horizontal rule

Na Revolta

Concerto

seguinte

O 26 de abril de 2008 pasará a ser, sen dúbida, unha data na historia do grupo "Na Revolta", porque no Centro Cultural da Guarda gravaban Xurxo, Diego, Elena, Miguel, Silvia e Iván un traballo discográfico que quere ser como un estar continuo e un eco que non se apague, desa música que fan, que soe nas ausencias, nas distancias, nas soedades e tamén nas mellores compañías.

Porque pode haber mares polo medio, e terras máis alá da Guarda onde se escoite unha gaita e o berro dun aturuxo: a gaita e o aturuxo de "Na Revolta".

Non estiveron sós os compoñentes deste grupo que son, quizais, máis que amigos pois veñen de lonxe os seus afectos, nacidos nunha escola infantil. Preto de 180 persoas quixeron acompañalos desde as cadeiras do Centro Cultural coa calor dos aplausos e as miradas, a veces cómplices, dos familiares e os máis amigos. Non, non estiveron sós porque ao escenario saltaron tamén, para compartir cantigas e sons Toñi e Eduardo, ámbolos dous ao piano; Nacho, coa pandeireta, e Miguel, coa acordeón. O grupo A Boalleira, arroupounos como saben facelo, e no escenario bailaron, máis que ben, dúas compoñentes de Xamaraina, pero coa camiseta de "Na Revolta"; e cantaron, cantaron as cantareiras de Xamaraina.

Atronaron nos corredores os representantes da Banda Negra, esa lenda das Festas do Monte da que é copartícipe Xurxo.

E para deixar pegada para o futuro, a memoria do concerto foi gravada por un equipo que manexou o son integrado por Fran, Edu, Fran e outro Fran.

O concerto principiou cun pase de fotografías da Guarda que rematou con aquelas instantáneas nas que Xurxo foi protagonista

Xurxo Vicente, polifacético, que o mesmo manexa a acordeón, unha gaita ou a percusión

Elena, e ao piano, Toñi Baquero

Iván, outro membro destacado do grupo. E Silvia coa flauta

Elena e, á dereita, Diego o home do sorriso fácil

Ao fondo Miguel, en primeiro plano, Iván

O público, que disfrutou dun espectáculo musical diferente

"Na Revolta" en plena actuación

Caras coñecidas, algunas relacionadas coa música, como Suso, vinculado á Agrupación Musical do Rosal

Equipo de gravación superando as dificultades de gravar un concerto destas características

As bailarinas de Xamaraina, esta vez cunha camiseta de Na Revolta

Eduardo, gaiteiro, pianista e profesor de distintos grupos tradicionais

Nacho, quixo acompañar coa pandeireta ao grupo "Na Revolta"

Toñi Baquero e Eduardo

seguinte