“Recordando a música do Colexio”
50 Aniversario do Colexio PP. Somascos
anterior
portada
Música Pop
O Colexio PP. Somascos foi pioneiro na Guarda en moitas
cousas, unha delas a “música moderna” alá polos anos 60. Joaquín Miguel
Villa fixo un rápido, pero completo percorrido polos grupos xurdidos no
colexio. A finais dos sesenta, dixo, apareceu un grupo de alumnos que se
chamou “Los Juncos”. Pero foi na década dos 70 e primeiros anos dos 80
cando a música pop
acadou o seu apoxeo no colexio, coa aparición
doutro cura italiano, o P. Juan Carlos Pronzati, que ensinou a moitos xoves alumnos a tocar a
guitarra e os teclados. Así naceron varios grupos daquela, como
Krypton, Sal y Pimienta ou Edelweis. Postos en
contacto cun daqueles músicos, Enrique Vicente Morillas, logrou reunir
para este concerto a 5 ex-alumnos: Quico Vicente (baixo), quen chegara a
ser xa aos 18 anos músico profesional cos Bambinos; Nandi
Martínez Dorado (batería), que tamén foi músico profesional nos
Bambinos; Félix Ferreira Conde (guitarra), quen levaba 30 anos sen
coller este instrumento; Guillermo García Lomba (teclados). Non tocaba
música pop dende a súa saída do colexio, converténdose en teclista da
Coral Casablanca de Vigo; Enrique Vicente Morillas (voz e guitarra).
Despois dos Somascos tocou en varios grupos de Rock’n’roll (Cosa Nostra,
Pk2), chegando a gravar un disco.
Como invitados especiais compartindo escenario cos
ex-alumnos do colexio dos Pais Somascos estiveron Ciano Valcárcel (voz),
profesor no Colexio de Educación Especial San Xerome, centro onde o
grupo que estaba no escenario do 50 Aniversario estiveran a
ensaiar neste último mes. E tamén tocou nunha das pezas o neno
Jorge
García Cabanelas, fillo do teclista, que acudiu a todos os ensaios co
seu pai e desexaba tocar unha peza cunha guitarra eléctrica que era máis
alta ca el.
Dada a ocasión para a que se formou este grupo,
decidiron presentarse ao público con nome de “50 Aniversario”.
e hai que dicir que o público, maiores e pequenos, reclamaron "outra" e
"outra" ata catro veces obrigando a esta formación musical a prolongar
táboas para satisfacer a demanda dos que reclaman máis música.
Enrique Vicente agradeceu a Edu e Fran, os técnicos de son, o
extraordinario esforzo realizado para dar a mellor sonoridade a un
recinto que ofrecía dificultades auditivas, pero que coa súa
profesionalidade lograron a mellor calidade para a música e a voz en
directo.



















anterior
portada
Abril, 2008