g@lici@suroeste

índice                                    www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

horizontal rule

“Recordando a música do Colexio”

50 Aniversario do Colexio PP. Somascos

seguinte

            Esta pasada fin de semana celebráronse no Colexio dos Pais Somascos distintos actos co gallo do 50 Aniversario da chegada desta Orden á Guarda. Exposición de fotos, música e balonmán foron as citas culturais e deportivas do sábado, 17 de abril de 2008, e o domingo, 18 de abril.

            O primeiro dos días citados, a música congregou, no Patio Cuberto, a antigos alumnos, pero tamén actuais, pais e profesores, para participar de “Recordando a música do colexio”.

            O acto estivo presentado por Joaquín Miguel Villa, profesor neste centro e autor da historia dos Somascos na Guarda, libro que sairá do prelo o vindeiro mes de xuño, e que ten aberta a reserva de exemplares.

Villa lembrou as orixes da música nos Somascos asegurando que a mesma formou sempre parte do Colexio dende a súa fundación. Por iso neste 50º aniversario, dixo, non se podía pasar sen facer un pequeno repaso á musica que soou neste centro, da que só se deron unhas pinceladas representativas pedindo que ninguén se sentise excluído.

As cooperadoras Somascas

Neste apartado, que abriu as actuacións, explicou Villa Álvarez que as “cooperadoras Somascas” foi un grupo de mulleres organizado polo P. Orestes no ano 1959 para actuar en festivais, obras de teatro, e demais encontros culturais, coa intención de recadar diñeiro para soster o modesto colexio naqueles difíciles primeiros anos. Revolvendo nos papeis antigos do colexio, engadiu o historiador, apareceron letras e músicas dos primeiros anos feitas pola man do P. Orestes Caimotto, que cantaban precisamente esas “cooperadoras”. A actual profesora de música do Colexio, Marisilda Sánchez Lomba, impúxose a tarefa de localizar a aquelas mulleres e conseguiu reunira  cinco delas: Hortensia Martínez, María Josefa Alpuín, Gloria Pacheco, Maribel Velasco e Charo Alonso.

Entre aqueles vellos papeis de Pai Orestes, había tres cancións nas que se mencionaba A Guarda, que son as que esta colaboradoras ensaiaron en poucos días para ofrecelas na actuación do sábado, dirixidas por Marisilda: Ven pa’ca guardés. Canción folclórica da que só se conservou a letra, pero da que unha das cooperadoras, Hortensia Martínez, recordaba a música; Himno do Colexio. Desta canción só se conservaba a música e foi outra cooperadora, Charo Alonso, a que conseguiu lembrar a letra e recolleuna por escrito. A última das cancións interpretadas foi o Himno a San Jerónimo.

Música instrumental: a frauta doce

De entre os instrumentos tocados polos alumnos do colexio destaca un por riba de todos: a frauta doce, entre outras razóns por ser o máis económico de conseguir. Neste caso, os alumnos do colexio, dende 3º de primaria ata 3º da ESO (más de 100 nenos) tocaron sentados nas gradas montadas para eles. Baixo a dirección de Marisilda Sánchez Lomba, os flautistas do Colexio dos Pais Somascos interpretaron: Cumpleaños feliz, Música de los Andes, Titanic, Na beira do mar, Foliada de Campelo e danza das patelas e O son do ar

O canto coral

            Foi recordando Villa algúns dos profesores que impartiron formación musical no colexio, sendo esta disciplina, dixo a actividade que máis se practicou nos Somascos dende a súa orixe. Os principais artífices, nas décadas de 1950 e 1960 foron o P. Orestes Caimotto, o P. Jorge Mombelli e José Luís Lomba Alonso “Salero”, profesor do colexio durante moitos anos, natural de Camposancos.

Nas décadas de 1970, 1980, 1990 e 2000, a responsable da música coral foi xa Marisilda Sánchez Lomba, creadora do actual Coro do Colexio, a mediados ou finais dos 70, coa colaboración do P. Montes.

O actual grupo de coralistas ofreceu, do seu amplo repertorio, catro pezas: “Vento ventiño do mare”,  “Que levas?”, “Costureiriña bonita” e “Catro vellos mariñeiros”.

seguinte