g@lici@suroeste

índice                                    www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

horizontal rule

Julio Martínez

escultura e debuxo

A escultura e o debuxo do rosaleiro Julio Martínez exponse no Centro Cutural da Guarda ata o 30 de abril

            A “capela” do Centro Cultural da Guarda acolle unha exposición de escultura en pedra e debuxo, do artista rosaleiro Julio Martínez Martínez, que se poderá visitar ata o 30 de abril, de 10.00h a 13.00 horas, e de 17.00h a 20.00h, de luns a venres e os sábados a apertura da sala de exposicións será en horairo de mañá, de 10.00 a 13.00 horas.

Julio Martínez Martínez

            As orixes artísticas de Julio Martínez están na nenez  iniciándose na pintura con Alicia Alonso, con quen traballou o lenzo desde os oito anos ata os quince.

            Aos dezaseis anos participa nun curso na Escola Taller do Rosal e acode, tamén, ao obradoiro do tomiñés Antúnez Pousa.

            Durante oito anos “vai”, como di, “practicando” e realizando tamén exposicións para darse a coñecer. A súa obra, antes que na Guarda, estivo en Nigrán e no concello natal, O Rosal.

            Traballa o bronce, o granito e o mármore, material este último polo que sente predilección, e respecto a temática, xoga co realismo e a abstracción. As súas obras son encargos, agás as que mostra no Centro Cultural da Guarda, cinco pezas abstractas e catro máis realistas, feitas no que di “horas libres”.

            Entre as pezas, o busto de Cleopatra, exposta pero, explica o autor, aínda sen rematar. E no seu taller espera onde ser colocado un cruceiro monumental, de seis metros de altura, cargado en decoración na que non faltan nas cunchas de vieira, símbolo de peregrinación; cun varal e capitel compostos, co Cristo xacente e, no anverso, unha imaxe da Virxe baixo a advocación do Sagrado Corazón.

            Considera Julio Martínez, o mundo da escultura como algo complexo e de dedicación, no que hai que involucrarse moito e investir horas. Compaxina o traballo artístico coa cantería, e está seguro que é posible vivir do que fai.

Palabras do concelleiro de Cultura

            Antonio Lomba Baz, concelleiro de Cultura, manifestou a súa satisfacción por acoller esta exposición desexando que haxa máis iniciativas deste tipo. Tamén dixo que esta era a primeira mostra de escultura e debuxo dun mesmo autor que se facía no Centro Cultural, cando menos desde que gobernan os socialistas na Guarda. E deixou que foran as obras expostas quen falasen aos visitantes que se queiran achegar ao Centro Cultural para disfrutar da cultura achegada por un rosaleiro.

            No acto inaugural Julio Martínez estivo acompañado por amigos do Rosal, técnicos do concello da Guarda e o estudos da comarca, e presidente do Instituto de Estudos Tudenses, Juan Martínez Tamuxe.

 

 

Abril, 2008