Ruta dos Moxóns de Camposancos
(05/04/2008)
anterior
seguinte

...visítase a Fonte da Pellosa da que só quedan algunhas pedras do que
foi o lavadeiro e moitos recordos. Aquí, conta José Antonio, lavábase a
roupa dos presos da Pasaxe. Alguén tamén lembra que no lavadoiro se
lavaba a roupa daqueles que padecían algunha enfermidade contaxiosa

E trala visita á Fonte da Pellosa, se desandan os poucos metros que
separan este lugar da ruta

O camiño, interrumpido polas obras de construcción do futuro depósito de
abastecemento de Camposancos, desemboca na pista que vai de Chans ao
Terreiro

Cun novo xiro á esquerda, a ruta abandoa a pista, e adéntrase por un
sendeiro estreito que ascende suavemente

Á dereita quedan uns outeiros

Unha nova parada, esta vez para apreciar as diferencias entre o marco
que delimita os terreos da Camunidade de Montes e os do Couto. O
primeiro marco comunal vai epigrafiado com MP 81, próximo a Seixos
Albos, frandes rocas que asemellan a un xigantesco canto rodado

Tralo marco MP 81, e a uns dez metros, o camiño bifúrcase: a ruta
abandona a traza recta elexindo o desvío á esquerda, pasando a carón dun
marco semellante a aque., afora o MP 78

Este sendeiro vai desembocar na pista que circunda o Monte, coñecida
como Camiño Perimetral

E poucos metros despois faise unha nova parada...

...esta vez para coñecer un tipo de marco, semellante ao MP dos
comuneiros, pero de carácter privado. Trátase de parcelas de
particulares dentro do que é o monte comunal polo que a inscrición que
posúen é diferente, contendo outras referencias identificatorias, neste
caso "MP B"

No Camiño Perimetral que seguimos, e convenientemente sinalizado, un
desvío á dereita conduce ao alto de Santa Trega, a onde se chega nun
percorrido de 630 metros. Tamén, 148 metros despois de onde estamos,
atópase a Pedra Furada. Pero a Ruta dos Moxóns ideada non vai por ese
itinerario...

...de modo que sen desviarnos, continuamos polo Camiño Perimetral...

...con panorámicas ao río, a Portugal...

... e Camposancos
anterior
seguinte