Ruta dos Moxóns de Camposancos
(05/04/2008)
anterior
seguinte

A ruta continúa a carón da casa rural Leira Braulia...

...cruza por debaixo da ponte da Subida a Sanamaro

e se dirixe á igrexa parroquial da Visitación de Santa
María. Neste punto contou o guía que esta igrexa, que substituíu a unha
capela posta baixo a advocación da Visitación e San Mauro, necesitou
corenta anos desde que se comezou a construír, en 1816, ata que se
rematou

A parada na parroquial aprovéitase para tomar un grolo
de auga que o corpo vai reclamando líquidos cando case se leva unha hora
de andaina

E ascéndese, agora, ata a Praza pola Subida a Sanamaro
deixando o Camiño Central atrás...

...o paso vai firme e decidido nunha marcha regular
adaptada ao ritmo xeral

As cabazas que colgan nunha finca tamén chaman a
curiosidade dos camiñantes

E outras cruces anónimas son testemuñas do paso dos
participantes na Ruta dos Moxóns

Co fondo das montañas de Portugal e o azul do Miño, un
novo moxón recibe aos camiñantes pouco antes da entrada na Praza de
Sanamaro...

...onde hai outros dous marcos formando parte dunha
parede que delimta unha propiedade particular. Pola cara que dá a praza,
como pola que mira á finca, pódesen distinguir as cruces e as letras
gravadas (sempre A e R, repetidas)

Malia os intentos, a erosión e a posición dos marcos,
dificultan recoñecer os epígrafes que conteñen estes moxóns

Na Praza de Sanmaro terá lugar o descanso, antes de
emprender a subida ao monte

Aquí, José Antonio recorda a figura de Joaquín Alonso,
emigrante a Puerto Rico onde logrou unha considerable fortuna que lle
permitiu mercar o mosteiro de Oia. Xestionou para os veciños de
Camposancos a refendión dos foros librándose dunhas cargas que lles
impedían o dereito ás terras

Na praza de San Amaro, esscoitando as explicacións do
guía

Atentas ás palabras de José Antonio

Imaxinería no Cruceiro de Sanamaro, de recente
fabricación e obra do tomiñés Antúnez Pousa. No fuste, a imaxe de San
Mauro
anterior
seguinte