g@lici@suroeste

índice                                    www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

horizontal rule

Ruta dos Moxóns de Camposancos

(05/04/2008)

anterior          seguinte

... fronte a unha casa particular que deixa ver na fachada un trisquel, empotrado. Estas esvásticas, nome xenérico que se dá a estas labras, puideron ser un símbolo protector do fogar na época castrexa e, como esta, empotrábanse nas paredes das viviendas

A curiosidade deste dintel xorde na inscrición (1741) que dá conta da antigüidade da casa, pero tamén da maneira de escribir catro "X" seguidas, cando a normativa indica que non se superen as tres. Explicou Marcelino que os romanos escribían as catro "X" para representar o carenta, e así aparece, por exemplo, no Coliseum romano, non sería ata máis tarde cando se cambiou a normativa, tal e como lle explicou o guía do monumento romano nunha visita que fixera ao mesmo

Os sendeiristas nun momento da visita fonte a casa de numeración romana, da que hai máis exemplos en Camposancos

Observando os detalles do Cruceiro do Viso

O Cristo do Viso é de feitura máis tosca, aínda así presenta detalles de gran perfección como o pano. Como é tradicional nos cruceiros galegos, este tamén se levantou nunha encrucillada de camiños

Seguindo o Camiño Central, á nosa dereita quedan as escaleiras de adoquín, con efectos de claroscuro chamativo

No encachotado dunha fachada luce, case ausente e anónimo, un capitel que debeu pertencer a algún santuario desaparecido

A chegada á Fonte-lavadeiro da Poza serve para se refrescar, mollar a gorxa e lembrar a importante función que tiveron estas construccións, hoxe reclamo etnográfico

Os máis novos que dispoñen de auga corrente nas casas e non coñeceron a época de ter que carrexar en baldes e caldeiros a auga das fontes, parecen reflexionar sobre aqueles acontecementos que vai contando o guía

E descubren que o tanque de maiores dimensións era para lavar a roupa, o máis pequeno, onde se torcía ou clareaba, e no tendal, se extendía, e para evitar que o sol a queimase, botábanse calduxóns, é dicir, se remollaba

José Antonio lembra a anécdota que contaba Generoso Matos Rodríguez, popularmente 'Chiño", quen sendo neno revolveu as augas do pilón e os animais que abrevaban nel non puideron beber. Foi denunciado e o seu pai houbo de aboar unha multa de 5 pesetas e el apañou unha capoana do proxenitor

O Camiño principal de Camposancos adéntrase en dirección ao Barrio do Outeiro...

...deixando á dereita, noutra encrucillada, un dos símbolos cristiáns máis antigos da parroquia, pois "José Pérez puso aquí esta Cruz 1524", segundo se lee na base troncopiramidal

Chiño, que contempla o paso dos sendeiristas, loce a gorra coa lenda "Camposancos"

anterior          seguinte