Ruta dos Moxóns de Camposancos
(05/04/2008)
seguinte

O Casino foi o punto de reunión dos participantes na
Ruta dos Moxóns
Coa participación dunhas cincuenta persoas,
realizouse o sábado, 05 de abril, a prevista Ruta dos Moxóns de
Camposancos, coorganizada pola Concellaría de Patrimonio do concello da
Guarda, que ten como delegado a Javier Crespo, e a Sociedade Os Amigos
de Camposancos (O Casino), e que forma parte do programa "Vela polo teu".
Nunha tarde calorosa, os participantes, de todas as
idades, congregáronse no Casino ás cinco da tarde, hora prevista para a
saída dunha ruta que, por segunda vez, guiou magníficamente José Antonio
Rodríguez Portela quen foi ilustrando aos sendeiristas, entre os que se
atoban os concelleiros Antonio Lomba, de Cultura, e Montserrat
Magallanes, de Facenda, non puidendo acudir, por razóns familiares de
última hora, o edil Javier Crespo, que houbo de saír cara a Ourense.
Tamén repetiron andaina algúns dos participantes na ruta organizada polo
Casino hai algúnn meses co gallo do Centenario.
José Antonio Rodríguez Portela ilustrou aos
participantes, xa desde o comezo da camiñada, coas principais
referencias que se ían atopando pola Ruta: casas indianas, placas-dicatorias,
moxóns e marcos, cruceiros, fontes, dinteis e verbas, sen esquecer
algunha anécdota cando xurdía a ocasión, para o que contou coa propia
experiencia dalgúns dos participantes.
A estrada que cruza a parroquia, o Camiño Central, os
sendeiros do monte, que esquecen o asfalto co encanto da súa
irrgularidade, os outeiros, como o da Loba, o Camiño Monacal, a Porta do
Rei nas que se din foron as primeiras casas de Camposancos cun apoio
para unha viga realizado sobre a mesma rocha e dunha gran beleza, as
vistas a desembocadura, e a Picota ou Pedra dos Abellóns, foron
reclamando a atención dos sendeiristas que descobriron nunha camiñada
pódense ler nas pedras e nas construccións historias e que un camiño é
moito máis que un percorrido sinuoso.

José Antonio Rodríguez Portela xustificando o
itinerario que se ía facer, resumindo os comezos da historia de
Camposancos como parroquia e dando uns consellos para mellorar facer o
percorrido

E sen máis demora, pouco despois das cinco, comeza o
percorrido nunha tarde de abril que convidaba ao paseo

As casas indianas foron as primeiras referencias.
Bebeu, José Antonio, nas fontes do historiador Joaquín Miguel Villa
Álvarez para divulgar as referencias destas casas que se sitúan, sobre
todo, na estrada que cruza a parroquia

E algúns, como Lalo, aproveitaron para levarse
recordos gráficos desta saída que ben mereceu a pena

Deixando as Casas Indianas, o placa dedicada a
Ezequiel Ordóñez polo pobo de Camposancos, agradecido, como se le no
texto, foi xustificación para outra das paradas realizadas nesta andaina

E de novo na procura dun novo fito...

...o marco do Couto, un dos máis fermosos da parroquia
e que se atopa a carón do transformador. Ten letras (A, R) e cruces

Os participantes no routeiro amosaron en todo momento
o seu interese polos coñecementos parroquiais que ía transmitindo o
orador

A abundancia de gafas de sol, a mangas curtas e as
viseras evidenciaban a tarde de calor que acompañou a visita

Por diante o empedrado camiño de Camposancos polo que
dirixeremos os seguintes pasos...

...animados, con cordialidade e gañas de platicar
entre referencia e referencia

Á dereita, no sentido da marcha, e na encrucillada,
atópase o primeiro dos Cruceiros: o do Couto, coa base labrada sobre a
afloración granítica. Cristo desproporcionado, pero con detalles
perfeccionistas nos cravos e nas costelas. Dátase como de finais do
século XIX ou principios do XX

A rusticidade do Camiño pérdese, as veces, entre o
formigón. A andaina segue cunha breve parada...
seguinte