Porto da Guarda

Sitio Gastronómico

  www.galiciasuroeste.info

    XVIII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira

 

 anterior       seguinte

O público concentrouse baixo a carpa da exposición de carteis e pezas do mar para escoitar o pregón

Entre ese público, as máis xoves: dúas rapaciñas que aguantaron os discursos sen baixar os ollos dos oradores (agás para facer a foto), e que sorprenderon co seu ben saber estar

Enma Martínez foi a encargada de ir presentando aos oradores ao público asistente

O alcalde da Guarda, ensalzando a festa e destacando as cualidades da Guarda como pobo turístico e cunha rica e saborosa gastronomía

De esquerda a dereita: Pedro Borrajo, delegado de Traballo; Sandra Alono, alcaldesa de Tomiño; Delfín Álvarez, subdelegado do Goberno, Jesús Fernández, alcalde do Rosal, e Antonio Rocha, alcalde de Tui

No escenario, acompañando a delegada de Pesca, tamén estaba a concelleira de Turismo, Motserrat Magallanes

Electromiño tivo, un ano máis, ao seu cargo a megafonía e atento a que todo funcionase a perfección

Carmen García, presidenta de ACIGU, e Conchi Ortega, xerente de Espaderos Guardeses, coa dona de Delfín Álvarez

Intervención da delegada de Pesca que lembrou os antecedentes da pesca aludindo aos castrexos ata chegar á moderna flota pesqueira da Guarda, presente en todos os mares do mundo

Domínguez Freitas colocando a insignia, que reproduce unha lagosta de outro, á pregoeira

Membros de ORPAGU, da confraría de pescadores, de Ábaco e concelleiros presentes durante a lectura do Pregón

Outra imaxe do público, co concelleiro do BNG, Xan Lois Lomba Alonso, en primer termo

Animando a xornada matina, o grupo de gaitas Os Petóns

... con nova vestimenta, que lembra o xeito de vestir dos emigrantes a américa cando viñan de vacacións á Guarda

O alcalde da Guarda e a delegada de Pesca, observan algunhas das lagostas que se degustarían na festa

Un dos mostradores con distintas variedades de preparados que teñen como base o apreciado crustáceo

As autoridades e invitados percorreron os distintos stands do recinto de degustación...

...e probaron o exquisito e saboroso roscón de xema guardés

...e mesmo cataron os viños da zona servidos por Adega Xesteiro...

 anterior       seguinte