g@lici@suroeste

índice                                    www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

horizontal rule

Fran Insua

Contacontos

O derradeiro día de abril visitou o Centro Cultural da Guarda Fran Insua, un contacontos que puxo voz e imaxinación aos libros, como parte do programa "Letras vivas"que promoven a Consellaría de Cultura en colaboración, na Guarda, coa Concellalía homónica, a través da Biblioteca Pública Municipal.

Alumnos das HH. Carmelitas e dos PP. Somascos, acudiron ao Salón de Actos do Centro Cultural para disfrutar desta iniciativa, á que tamén estiveron convidados todos os escolares da Guarda de 5º de Primaria; sen embargo por cuestións de transporte, Fran Insua non puido chegar á hora prevista, comezando a sesión ás once e media da mañá, disculpando os colexios a súa ausencia por ter programados outros actos.

Co título "Contos para ollos e orellas", Fran Insua, que contou coa colaboración de personaxes como o dragón Xián e o crocodrilo Coco, foi debuillando historias que aplaudiron os escolares.

En nome da Concellalía de Cultura, Marisol Diz, bibliotecaria municipal,  entregou un recordo a Fran Insua do seu paso pola Guarda

Taller de animación á Lectura

Texto e fotos: Marisol Diz

E pola tarde celebrouse, na Biblioteca Pública Municipal, un Taller de Animación á Lectura, dirixido por Marisol Diz e Ely, destinado a nenos e nenas menores de dez anos co  título "A cabeza nas nubes".

Esta actividade consistiu en presentar unhas fotografías de nubes tomadas na Guarda por Marisol Diz, e a partir delas os participantes debían escribir un pequeno poema inspirado nesas imaxes. Os traballos realizados vanse expoñer na Biblioteca a vindeira semana.

Marisol Diz manifestou quedar encantada cos resultados desta actividade "porque os nenos e nenas", dixo "foron moi creativos e pasaron un agradable momentos entre poesia, lecer e risas". Cada neno levou un marcapáxinas que Ely confeccionou para eles como recordo desta actividade.

Abril, 2008