Teatro do Falabarato volveu
á escena, no Centro Cultural da Guarda o venres 4 de avril de 2008, nesta
ocasión para escenificar “Comedia Bífida”, de Manuel Núñez Singala.
Cunha importante presenza de pública, arredor de 150 asistentes arrouparon o
estreno desta obra coa que concursarán os alumnos do IES A Sangriña no II Mostra
de Teatro non Profesional "Gabriel Feixó Araúxo". a obra, segundo adiantou
antonio Lomba Baz, concelleiro de Cultura, que presentou este acto no Centro
Cultural, será nos próximos días representada no casino de Camposancos, como
parte dos actos do Centenario desta institución cultura fundada en 1908.
A obra
A páxina web do Consello da Xuventude de Galicia avánzanos que “Comedia bífida”
é unha obra que pon enriba da mesa moitos dos prexuízos que
aínda persisten arredor da lingua e do seu uso. O conflito lingüístico,
situacións de diglosia ou a consideración do galego como unha lingua de segunda,
ou mesmo de terceira, son algúns dos temas que se abordan nesta obra teatral na
que Singala emite un "xuízo sobre o uso que os galegos facemos do idioma",
comenta o autor.
Manuel Núñez Singala
Na mesma páxina danse as principais referencias literarias de
Manuel Núñez Singala, autor de “Comedia bífida” quen se deu a coñecer como
escritor en 1991 con outra obra teatral, O Achado do Castro, gañadora
do Premio Xiria de Creación Teatral. O autor tamén abordou a novela con Mar
de fondo (1997) e o relato, con Minirrelatos (2000), Longa
lingua (2002) e Sempre mar (2003). Con todo, Singala non se
considera nin autor teatral nin narrador exlusivamente: "o que fago é contar
cousas", a forma "depende do que queremos contar e para quen o queremos contar".