Escolas
Deportivas do Rosal
Texto e fotos: OMIX do Rosal
Un
total de 145 rapaces do Rosal participan nas escolas deportivas
promovidas pola Deputación, concretamente, 70 nenos na escola de fútbol
e 75 na de patinaxe.
A iniciativa foi presentada o pasado
mércores, 9 de abril, polo deputado de Deportes, José Enrique Sotelo,
polo alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, e os coordinadores de
cada actividade (Fútbol: Moncho Carnero e Milucho; Patinaxe: Alberto
Covelo). A continuación, o Deputado de Deportes, o alcalde do Rosal, os
coordinadores das actividades, e as concelleiras de Animación
Sociocultural e Servizos Sociais respectivamente, fixeron entrega dunha
mochila e dunha camiseta a cada neno e nena participantes.
Escola deportiva de fútbol
A escola de fútbol celébrase os
martes e xoves de 19 a 21 horas no campo de fútbol municipal. Pero
ademais, os nenos participarán os sábados pola mañá en competicións coas
restantes escolas deportivas de fútbol que a Deputación organiza na
provincia nas que están inscritos 350 rapaces. Estes campionatos
celebraranse maioritariamente nos concellos de Ponteareas e Tui.
Escola deportiva de patinaxe.
A actividade de patinaxe ten lugar os
luns de 17.15 a17.30 e os mércores de18.00 a 19.30 horas no pavillón do
CPI Suárez Marquier. Neste caso, a Deputación ten previsto organizar
dúas exhibicións públicas para que os pais e os afeccionados poidan
disfrutar do aprendido polos nenos. Nas mencionadas actuacións
participarán todos os patinadores inscritos nas diferentes escolas da
provincia que a día de hoxe son 300, dos que 75 son do Rosal.
Todas as escolas son gratuítas xa que
a Deputación asume os gastos de monitores e de funcionamento, a través
dun convenio asinado coas federacións. O obxectivo da iniciativa
é fomentar a práctiva de cada deporte entre os rapaces, ademais de
contribuír a acrecentar ó máximo as súas capacidades físicas e
intelectuais. Final mente a Deputación facilitaralles aos rapaces o
equipamento necesario para realizar a actividade.









