g@lici@suroesteíndice www.galiciasuroeste.info 800X600 pixeles (recomendado)
|
|
Pegada de carteis no inicio da Campaña Electoral As 00.00 horas do 11 de maio comezou, oficialmente, a Campaña Electoral ás Eleccións Municipais de 2007. Os partidos políticos reunieron nas súas respectivas sedes aos integrantes das distintas candidaturas e colaboradores para iniciar a pegada nos taboleiros que o concello dispuxo en lugares como o porto, antigo colexio Sinde e a Finca de Fínola. Tamén en Salcidos e en Camposancos se habilitaron espazos co mesmo obxectivo.
Sede dos socialistas, pouco antes das 00.00h
O primeiro, pola esquerda, o candidato so PSdeG-PSOE á entidade Local Menor de Camposancos, Rafael Álvarez
Pedro Borrajo, delegado de Traballo, na sede dos socialistas apoiando ao seu compañeiro e cabeza de lista, Xosé Manuel Domínguez Freitas
Concelleiros e colaboradores achegáronse á sede do Partido Popular para a compañar a José Alberto González Vicente na pegada que inicia a campaña electoral
Distribuíndo os carteis para realizar a pegada poucos minutos antes das doce da noite
Xan Lois Lomba Alonso na sede do BNG, pouco antes das 00.00 horas
Como nas demais sedes, na dos nacionalistas distribuíronse os carteis entre os grupos de colaboradores
Xosé Manuel Domínguez Freitas, candidato á Alcaldía da Guarda polo PSdeG-PSOE no momento da pegada
Á esquerda, Pedro Borrajo e a concelleira Montserrat Magallanes. Á dereira, José Antonio Uris Guisantes a quen os seus compañeiros ceden o honor de ser quen coloque o primeiro cartel
O candidato do Partido Popular, José Alberto González Vicente en plena tarefa
Á esquerda, o actual concelleiro de Cultura, José Luis Lomba Álvarez. Á dereita o alcalde, José Luis Alonso Riego, tamén quixo participar neste acto inicial
Xan Lois Lomba, candidato do BNG á Alcaldía da Guarda, no momento de pegar un dos moitos carteis que publicitarán esta formación política
En primer término, Cándido Verde Andrés, exconcelleiro do BNG. Con el, Xosé Manuel Méndez, número 2 da candidatura do BNG nas eleccións do 27 de maio |
|
|