Cadetes de Tomiño
Homenaxe
Deportes homenaxea aos cadetes do Tomiño F.C. polos
seus triúnfos na última temporada

A Concellería de Deportes ofreceu o sábado, 26 de abril,
ás 12.00 horas, unha homenaxe ao equipo de cadetes do Tomiño F.C. , polo
seu título de campión de liga da segunda provincial cadete 2007- 2008.
O concelleiro delegado de Deportes, Fernando Álvarez,
felicitou aos compoñentes da Asociación Deportiva Tomiño polos éxitos
acadados na Liga Comarcal, e reiterou o apoio a un club que desenvolve
un importante labor no eido da formación e o deporte dos máis novos, así
como a intención da concellería de seguir apostando polas categorías
alevín, infantil e cadetes. “Como concelleiro de Deportes, e en nome de
tódolos veciños, quero felicitarvos sinceiramente e transmitirvos o
orgullo que sentimos polo voso éxito”, salientou o responsable da área.
Tamén a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, deu a súa
noraboa aos novos deportistas, asegurándolles o compromiso do Concello
co deporte de base.
Na homenaxe atopábanse tamén os concelleiros Jesús
Castiñeira, Pablo Baquero e Santiago Vergara.
Por último, as autoridades fixeron entrega aos cadetes
de sendas medallas do Concello, e aqueles intercambiaron camisetas e
gorras do club.




Abril,
2008