Farsa de Bululú
Teatro do Falabarato
O
Grupo de Teatro do Falabarato, proxecto creado no IES A Sangriña,
escenificou no Centro Cultural da Guarda a obra "Farsa de Bululú", de
Manuel María o pasado venres, 28 de marzo, cunha importante afluencia de
público.
Presentou o acto a técnica do concello Patricia cuña Delgado.
Sipnose (tomada de www.igaem.xunta.es)
A
farsa de Bululú rematouna de escribir Manuel María en 1970 e é unha
sátira política escrita en clave por mor da censura; sátira que fai
referencia á situación política dos anos anteriores do franquismo. Deste
xeito, tras o Bululú, o Gran Mariscal e a Raíña Facunda están Franco,
Carrero e demais personaxes do réxime franquista nunha crítica clara ao
exército.
Esta farsa que bebe nas fonte satíricas de tradición galega do escarnio
e maldicir, ten claras referencias valleinclanescas e tamén lorquianas e
mesmo, aínda que Manuel María parece ser que non coñecía o Ubú Roi de A.
Jarry, ten tamén certas semellanzas interesantes con esta gran obra do
teatro do absurdo, como moi ben teñen apuntado Lourenzo e Pillado na súa
obra O teatro galego.
(...)
Esta farsa quere ridiculizar a megalomanía dos ditadores, o esperpento
dun mundo onde calquera pretexto ridículo é xustificación para unha
guerra, un conflito bélico, unha invasión, unha agresión, que detrás só
agocha intereses económicos ou estratéxicos. Daquela, detrás deste
Bululú, tamén están o señor Bush e os seus estrategos da violencia no
mundo. Este Bululu vén sendo a metáfora.



















Marzo,
2008