g@lici@suroeste

índice                                    www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

horizontal rule

Balonmán "vellas glorias"

Atl. Guardés-Novás

seguinte

O patio do colexio dos PP. Somascos, onde comezou a practicarse o balonmán local, acolleu, o pasado domingo (20/04/08), un encontro, quizais mellor habería que dicir, un "reencontro" dos pioneiros deste deporte na localidade. Previsto para as 11.30, a meteoroloxía adversa puxo en dúbida o partido, pero puido xogarse cun púbrico que, en número, podería tamén pensarse no da época. Como fondo, música daquela.

Houbo apretóns de mans dos que levaban tempo sen verse. Cambio de impresións, indumentarias de hai 25 anos que volvían á cancha. Recordos, moitos. O resultado (7, os da Guarda, 10, os Novas), foi o de menos.

O terreo de xogo xa non era aquel de terra. O partido xogábase sobre un xhan máis duro, nalgúns puntos, esvaradizo, pero sen consecuencias maiores para os xogadores, agás os inevitables rasguños que deixaron, para algúns, as, posiblemente, derradeiras marcas do balonmán, acaso porque unha experiencia como esta tardará en repetirse.

Por riba de todo estivo a camaradería, aínda que Carlos deixou traslucir -no bo sentido da palabra, esta vez- aquel xenio que tivo cando era un xogador en activo. Houbo entrega total. E víronse as cualidades que algúns dos xogadores, malia os anos que teñen no lombo, aínda manteñen, quizais poruqe, aínda que apartados do balonmán, sigan a manter contacto con algúnha disciplena deportiva, aínda que sexa en forma de latfos paseos e pequenos saltos cada día os as fins de semana.

O susto deuno Parente, quen nesa entrega por defender a portería golpeouse contra o marco vertical e sofriu unha pequena conmoción. Recuperouse, deixando a protección das redes do Guardés entre os aplausos do público.

Como recordo deste encontro histórico, cada xogador recibiu un chaveiro co logo do colexio dos PP. Somascos e unha copia asinada por todos os xogadores, da Acta deste partido que reencontrou aos rivais da comarca esta vez como compañeiros en distintos equipos: Atl. Guardés-Novás.

As fotos dunha xornada de lembranza

No patio cuberto do colexio dos PP. Somascos espuxéronse as fotos e os recortes de prensa da época que reclamaron a atención dos xogadores coas anécdotas e os recordos de entón.

José Mª Salcidos, cunha das primeiras camisetas do Atl. Guardés

José María e Juan Carlos con outra das camisetas históricas do Guardés

Tres Carlos: á esquerda, Carlos Barros, o precursor do balonmán guardés; no centro, Xosé Carlos Gómez Alfaro, profesor no colexio dos Somascos e poeta; á dereita, Juan Carlos Álvarez Flores, representante da Comisión Organizadora do 50 Aniversario do Colexio dos Pais Somascos

seguinte