g@lici@suroeste

índice                                    www.galiciasuroeste.info

800X600 pixeles (recomendado)

horizontal rule

Presentación do Programa ARLINGA 08

Onte, venres, tivo lugar na Cofraría de Pescadores da Guarda a Presentación do Programa ARLINGA 08, de formación en igualdade para as redeiras galegas.

O programa ARLINGA 08 pretende contribuír a promover a igualdade a través do empoderamento das redeiras galegas fomentando o seu asociacionismo e visibilizando e pondo en valor o seu oficio. Consiste na posta en marcha dun proceso de  capacitación das redeiras galegas co obxecto de fomentar o asociacionismo e o recoñecemento social. O impulso dunha cooperativa de servizos e unha maior sensibilización da sociedade galega e do sector do mar, son resultados esperados do programa.

A este acto, acudiu, Carmen Adán,  representante da Consellería de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas,  e a presidenta da Asociación de Redeiras  do Baixo Miño "Atalaia",  Carmen Barbosa Pacheco, quen presentou o acto.

Con este acto, adicado ás redeiras do Baixo Miño, pretendíase dar a coñecer o proxecto, os procedementos de inscripción, as beneficiarias e o desenvolvemento dos módulos.

Abril, 2008