I Festa da Anguía
Tui (30/03/2008)
Éxito da I Festa da Anguía en Tui

Chema Figueroa, en
representación da Deputación de Pontevedra, e Antonio Fernández Rocha,
alcalde
de Tui, foron ás 11.30 da mañá de
onte os responsables de
inaugurar a I Festa da Anguía na rúa Compostela en Tui.
A primeira edición desta cita
gastronómica contou cunha excelente acollida por parte do público que
degustou ás 2 mil racións que se puxeron á venda ao prezo de 10€. Foron
servidas nunha góndola de barro conmemorativa e acompañadas de viño
Señorío de Rubiós en taza conmemorativa.
Entre as autoridades destacou
a presenza dos membros da corporación municipal de Tui, dos
alcaldes
do Rosal, Jesús María Fernández Portela, da Guarda, José
Manuel Domínguez Freitas, de Salceda, Marcos Besada,
e
o tenente
alcalde
de Tomiño, Jesús Castiñeira, e o voceiro do PSdG-PSOE de Oia, José
Antonio Olmedo, entre outros.
Todos coincidiron en sinalar o
acerto desta convocatoria, e do cambio do produto que deste xeito pasa a
ser un festexo popular. Moitos deles era a primeira ou segunda vez que
probaban a anguía e gabaron a excelente preparación realizada polo
equipo do restaurador Jorge Lorenzo.
O público deuse cita tamén
baixo a carpa instalada na rúa Compostela para disfrutar desta nova
preparación, e sinalaron que polo prezo esta si é unha festa popular.
Dadas as excelentes
características da anguía e o acertado da súa preparación parece claro
que esta festa contribuirá a potenciar este produto gastronómico, que
decaera nos menús nos últimos anos, e que é un recurso máis do río Miño.
Moisés Rodríguez, Concelleiro
de Cultural, valorou ao remate da festa, a excelente acollida que o
público brindou a este festexo, o que viu confirmar o acertado do cambio
do meixón, pola anguía.



Marzo, 2008