III Xuntanza de Socios, familiares y amigos del Recreo
11/06/2006
seguinte
Reportaje
fotográfico:
A. Martínez Pena
.
O sábado, día 24 de xuño, celebrouse na pista polideportiva do
Recreo Artístico Guardés a “III Xuntanza de Socios, Familiares e “migos do
Recreo”, que contou cunha gran afluencia de público malia que ese mesmo día e
hora había outros eventos na Guarda (entre eles o festival folclórico no
Auditorio de San Bieito), ademais do mundial de fútbol, cos oitavos de final
televisándose, á hora da "Xuntaza", o partido que enfrontaba ás seleccións de
Arxentina e México, e os afeccionados ao fútbol fixéronse reacios a subir ao
polideportivo.
Segundo o Presidente do RAG, Anselmo Martínez Pena, é moi positivo para o Recreo
que estes actos de camaradería non decaian xa que iso demostra que o Recreo, cos
seus 116 anos, segue vivo e con moita saúde, cousa que congratula á directiva xa
que iso é o que pretende calquera dirección que tome as rendas dunha sociedade
como esta.
En canto á gastronomía presentada polos asistentes á merenda-cea ao aire libre,
puidemos ver gran diversidade de pratos aínda que, sen dúbida, a empanada foi a
máis socorrida con toda clase de produtos. Os postres tamén foron moi variados e
exquisitos.
Finalizada a cea, como é habitual, celebrouse un baile, con música da sociedade,
ata altas horas da madrugada.
Anselmo Martínez Pena anticipou xa que o Recreo organizará, o 22 de xullo, a
típica Sardiñada coa tradicional “Queimada”.












seguinte