galiciasuroeste

Recreo Artístico Guardés

 

horizontal rule

Portada RAG

Entroido

Entroido infantil

Día da Nai

Ajedrez

Xuntanza

Sardiñada

Presentación Libro

117 Aniversario

 

Festa Final  de Curso

Centro San Xerome

seguinte

Un ano máis o “Recreo Artístico Guardés” ofreceu a súas instalacións para que estes alumnos do Centro San Xerome organizasen a festa de Final de Curso.

Aínda que a choiva, dificultou a utilización do patio exterior do Recreo, a alternativa das instalacións do ‘Recreo’, como é o salón interior, posibilitou unha festa na que os participantes  poideron disfrutar dunha xornada especial .

En todo momento a música  da sociedade animou este encontro dos alumnos de San Xerome que  brincaron, bailaron e divertíronse durante a súa estadía no salón principal.

O Presidente do Recreo, Anselmo Martínez Pena, estivo en todo momento presente na festa atento e colaborando no que fose preciso coas monitoras ás que reiterou o ofrecemento do Recreo Artístico Guardés de ter ao seu dispor as instalacións desta centenaria sociedade, sendo un pracer telos de novo noutra festa, e mesmo visitando a cafetería, como xa o veñen facendo.

A Reportaxe fotográfica elaborada polo RAG dá conta do animados que estaban os nenos durante a xornada de Fin de Curso

seguinte