|
|
|
Sardiñada popular (14 xullo 2007) (páxina1) (páxina 2) (páxina 3) (páxina 4) (página 5) (página 6) 225 persoas, máis dun milleiro de sardiñas, pan de broa e de trigo, viño e refrescos, rosca de xemas e a tradicional, café e queimada, foron as claves do encontro de asociados, familiares, amigos e veraneantes no Recreo Artístico Guardés, nunha tarde que foi respectada pola chuvia malia a faciana que, nalgún momento, presentaban os ceus. Música ambiente de todos os estilos: de antes, de agora e de sempre; e tamén melodías portuguesas animaron a sardiñada na que a directiva, co presidente, Anselmo Martínez Pena, estiveron á altura das circunstancias.
Espazo reservado á intendencia: braseiro, ola comunal, caixas de sardiñas, todo baixo a dirección de Pedro
Outro espazo reservado á intendencia
Directivos e algúns socios responsabilizáronse de armar as mesas e asentos no recinto muliusos exterior
Pedro controlando a calidade das sardiña que, aínda que xa non era San xoán tamén "pingan no pan"
Centolas e bogavantes, ademais dunha exquisita rosca caseira, sorteáronse ao rematar este encontro
Emparrillado das sardiñas "co rabo para fóra"
Sardiñas á brasa. E o cheiro comezou a espallarse polo recinto abrindo o apetito
"Pedro: as patacas teñen pouco sal". "¿Puco sal? Ala carallo, pois aí vai sal"
Antonio no "servizo contraincendios" apaga o lume avivado pola graxa que desprenden as sardiñas
Nas sardiñadas o fume é consubstancial co encontro gastronómico, así que non hai que ir endomingados para este acto culinario
Pan de broa e viño tinto, entre as expecialidades que acompañaron á sardiñada
Preparando os pratos para servir as sardiñas, a punto xa de facerse...
...e patacas novas que estiveron moi boas. Aí estaba a man de Pedro
Buena e Antonio, invitando aos comensais a achegarse a recoller a ración
(páxina1) (páxina 2) (páxina 3) (páxina 4) (página 5) (página 6) |
|
|